<%@LANGUAGE="JAVASCRIPT" CODEPAGE="1252"%> Escribe una noticia

Colegio Hijas de Cristo Rey O Carballo Oleiros

Materiales producidos

A vida dos nosos antespasados era moi distinta da nosa. Hai moitísimos anos, as persoas vivían en covas. Aliméntabanse cos froitos que cazaban. Vestíanse coas súas peles.
Máis tarde, empezaron a cultivar o campo e a criar animais formando rebaños.

Despois, viaxaron a outros lugares para intercambiar os productos que tiña cada pobo.

Pouco a pouco, as persoas foron aprendendo e mellorando o seu modo de vida.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escribe antes ou agora

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aprende:

Hai máis de dous mil anos, chegaron ao noso país os romanos.

Conviviron moito tempo cos antigos pobos galaicos que vivían nos castros, e ensináronlles a súa língua e a súa cultura.

Construíron numerosos monumentos que aínda se conservan.

Máis tarde, chegaron os suevos, que crearon o primeiro reino de Galicia. Despois, viñeron os árabes, que construiron fermosos edificios e trouxeron palabras novas e os números, que ti estás aprendendo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os castros:

Os castros eran poboados fortificados de pedra que adoitaban construírse en zonas elevadas. Deste xeito, os seus habitantes asegurábanse a súa defensa e o dominio do contorno.

Podían ser de interior, como o de Castromao, en Celanova, ou de costa, como o de Baroña, en Porto do Son, ou o de Santa Tegra, en A Guarda.

As casas eran pequenas, de forma oval ou redonda, con tellado de palla e piso de terra. As rúas, de enlousado de pedra.

Os castros podían estar rodeados por murallas ou foxos, para impedir o paso de posibles inimigos.

Castro de Castromao

Castro de Santa Tegra

Castro de Baroña

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contesta:

¿Onde construían os castros os antigos habitantes de Galicia?

¿Por que¿

Había castros de interior e de

¿Como eran as rúas?

¿Para que facían murallas ao redor dos castros?

Aprende:

O fogo

A roda

Cerámica e tecidos

A imprenta

A electricidade

As vacinas

O autoxiro

A radio e a televisión

O ordenador

Ao longo da historia, as persoas esforzáronse por mellorar a súa forma de vida.

Co seu estudo e o seu traballo, descubriron e inventaron moitas cousas que hoxe nos parecen normais e sen as cales non saberíamos vivir.

Pensa e escribe:

¿Que ocurrería se non se tivese inventado ...

a roda?

a imprenta?

a electricidade?

a televisión?

Aprende:

As persoas temos hoxe as mesmas necesidades que as que viviron hai moitos anos: alimentarnos, durmir, protexernos, vestirnos, relacionarnos, ...

O que cambiou é a forma de realizar estas actividades. Hoxe a vida é máis facil grazas ao esforzo e ao traballo dos nosos antepasados.

 Contacto: Avenida Miguel Hernández nº 24 - O Carballo (Oleiros) - A Coruña (España) Tlf: 981 610 050 albertof@hcrey.org