Colegio Hijas de Cristo Rey O Carballo- Oleiros |
|
As paisaxes:
Unha paisaxe é todoo o que vemos ao noso redor desde un lugar determinado.
Unha paisaxe está formada por:
- Elementos naturais: son os producidos pola natureza, como as montañas, os ríos, o sol, a agua, as plantas.
- Elementos artificiais: son os realizados polas persoas, como as estradas, as casas, as pontes, ...
Esta é unha paisaxe de interior.
Nela hai unha montaña. A montaña é unha elevación do terreo.
A súa parte máis alta chámase cima ou cume.
A parte inclinada chámase ladeira.
A parte máis baixa da montaña chámase aba ou pé.
Esta é unha paisaxe costeira.
Chamamos costa a zona onde a terra está xunto ao mar.
Cando a costa é alta e rochosa, chámase acantilado.
Cando a costa é baixa e areosa, chámase praia.
Nas costas hai moitas vilas e cidades. Son vilas e cidades costeiras. Algúns dos seus habitantes dedícanse á pesca
Na terra hai paisaxes costeiras e de interior moi diferentes.
Desde os desertos abrasadores aos glaciares conxelados dos polos, existen selvas, canóns, cataratas, ...
Tamén existen paisaxes urbanas moi diferentes, desde as grandes e poboadas cidades ata as pequenas vilas e aldeas.
Deserto
Praia
![]()
Glaciar
Gran canón
![]()
Cidade
Aldea
Paisaxes:A montaña. Paisaxes de montaña. O deserto: Os glaciares:
Montañas de lume: Volcáns
Algunha montañas gardan no seu interior un tesouro ben quentiño: un lume tan potente que pode derreter as rochas. Esta montaña ten no seu interior un volcán.
Cando o lume do interior do volcán é moi forte e hai rochas derretidas, soben por uns camiños chamados chemineas e saen ao exterior da montaña con grandes explosións.
Estas rochas derretidas forman un líquido espeso, a lava, que descende polas ladeiras da montaña formando ríos de lume.
A boca do volcán chámase cráter.
Nas illas canarias hai moitos volcáns, por iso a súa paisaxe é sorprendente.
No fondo do mar tamén hai volcáns.
Mira o vídeo:
Vas aprender algo máis dos volcáns.
¿Gustouche?
(Se queres saber máis dos volcáns, pincha aquí:)