.

.

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 
Primeiro Trimestre
Tema 1: A nutrición e a dieta.
.

Necesitamos alimentos:

Como calquera ser vivo, os seres humanos levamos a cabo a función de nutrición. Recorda que esta función consta de catro procesos: obter substancias nutritivas, respirar, distribuír substancias polo corpo para utilizalas e expulsar os refugallos.

Nesta unidade imos estudar a obtención de substancias nutritivas

.

Obtenciónn de substancias nutritivas:

Para obter as substancias nutritivas alimentándonos, é dicir, tomamos auga e alimentos.

As persoas somos animais omnívoros que consumimos unha grande variedade de alimentos procedentes doutros seres vivos.

Despois, transformamos os alimentos que tomamos e obtemos deles as substancias nutritivas que conteñen. Estas substancias, chamadas nutrientes, son as que utiliza o noso corpo para crecer e funcionar correctamente.

.
Os elementos e os seus nutrientes:
 
Según os nutrientes que conteñen, os alimentos clasifícanse en tres grupos: enerxéticos, constructivos ou reguladores.
 

Os alimentos enerxéticos:

Conteñen, sobre todo, hidratos de carbono ou graxa, que son os nutrientes que utilizamos para obter enerxía. Os cereais e os seus produtos (fariñas, pasta, pan, ...), as patacas ou o azucre son ricos en hidratos de carbono. Os aceites, o touciño ou a manteiga son ricos en graxas.

Os alimentos constructivos:

Conteñen moitas proteinas, que son os nutrientes que utlizamos para crecer e reparar o corpo. Son dete tipo as legumes, as carnes, os peixes, os ovos ou os lácteos.

Os alimentos reguladores:

Son ricos en vitaminas, minerais e fibra vexetal, que utilizamos para que o corpo funcione ben e para previr enfermidades. As froitas e as verduras son alimentos deste tipo

TIPOS DE ALIMENTOS SEGUNDO OS NUTRIENTES QUE CONTEÑEN:

.
.
.
 
.
Así obtemos os nutrientes:
O aparato dixestivo é a parte do noso corpo que se encarga de tomas os alimentos e de transformalos para obter deles as substancias nutritivas que necesitamos.
 

O noso aparato dixestivo:

O noso aparato dixestivo está formado polo tubo dixestivo e polas glándulas dixestivas.

O tubo dixestivo:

O tubo dixestivo é un longo conduto polo que pasa o alimento. Ten varios tramos: a boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.

As glándulas dixestivas:

As glándulas dixestivas son órganos que produces uns zumes capaces de separar os nutrientes que contén o alimento. Destacan tres: as glándulas salivais, o figado e o páncreas.

.

Así funciona o noso aparato dixestivo:

 

A dixestión é o proceso que realiza o noso aparato dixestivo para transformar os alimentos, absorber os nutrientes e expulsar os restos de alimento que non serven.

 

A transformación do alimento:

Os alimentos son triturados polos dentes e mestúranse no tubo dixestivo cos zumes das glándulas dixestivas. Estes procesos rompen os alimentos e separan os seus nutrientes

A absorción dos nutrientes:

Os nutrientes que se separaron dos alimentos son absorbidos a través das paredes do intestino e pasan ao sangue. Así se distribúen por todo o corpo.

A expulsión dos restos que non serven:

Os restos do alimento non absorbidos pasan ao intestino groso. Alí fórmanxe as feces, que se expulsan polo ano.

O aparato dixestivo. As glándulas dixestivas. O tubo dixestivo.

.

 
.
A dieta:
 

.

Que é a dieta?

Cada persoa toma, na súa vida cotiá, unha combinación de alimentos diferente e en cantindades distintas.

 
O conxunto dos alimentos e a auga que unha persoa toma cada día é a dieta desa persoa.
 

Non todas as dietas son boas. Hai quen se alimenta mal e quen se alimenta ben.

Unha dieta é boa se cobre as nosas necesidades e nos axuda a manternos sans, é dicir, se é unha dieta saudable.

Como é unha dieta saudable?

Non se pode dicir que haxa unha soa dieta saudable porque cada persoa, dependendo da súa idade ou da súa actvidades, necesita unha dieta diferente.

 
Unha dieta saudable é aquela que contén unha cantidade suficiente de todos os nutrientes e de auga. É diferente para cada pesoa en función das súas actividades.
 

Por exemplo, alguén coma ti, en pleno crecemento e con moita actividade, necesitará máis proteinas e máis hidratos de carbono que un ancián, que xa non crece e se move menos.

A túa dieta saudable:

Para que a túa dieta sexa saudable, sigue estes consellos:

  • Fai cinco comidas ao día, pero, en cada unha, non comas máis nin menos do necesario.
  • Almorza alimentos enerxéticos en cantidades adecuadas para ter enerxía durante a mañá.
  • Non abuses dos alimentos con moita graxa.
  • Toma legumes, polo menos, unha ou dúas veces á semana.
  • Consume froitas e verduras a diario.
  • Intenta evitar lambetadas, os bolos industriais e os refrescos azucarados e con gas, ou tómaos moi poucas veces.
 

 

.
 
.
A hixiene, o exercicio e o descanso.
Para manter unha boa saúde, ademais dunha dieta saudable son importantes a hixiene alimentaria, o exercicio físico habitual e o descanso e o sono.
 

A hxiene alimentaria:

Ao alimentarnos, introducimos no noso corpo comida e bebida procedentes do exterior. Isto ten riscos, porque cos alimentos poden entrar substancias ou microbios perxudiciais. Por iso convén seguir estas normas de hixiene alimentaria:

  • Lava as mans antes de comer.
  • Utiliza cubertos, pratos e vasos limpos.
  • Lava ben as froitas e verduras que vaias comer crúas.
  • vixía que os alimentos que tomes estean en bo estado

O exercicio físico:

O exercicio físico que facemos ao xogar ou ao practicar deportes é moi importante para manter a saúde porque fortalece os ósos e os músculos e fainos máis flexibles e máis áxiles.

Ademais, ao movernos gastamos enerxía procedente dos alimentos que tomamos. Sen exercicio, o corpo almacena esa enerxía en forma de graxa e engordamos en exceso. Por iso se di que o exercicio físico prevén a obesidade ou gordura excesiva.

O descanso e o sono:

Ninguén pode estar continuamente activo. Necesitamos descansar e, sobre todo, durmir. Á túa idade necesitas, polo menos, oito ou nove horas de sono ao día.

O sono serve para que os teus músculos se relaxen, para que a túa respiración e os latexos do teu corazón regulen o seu ritmo e para que o teu cerebro fixe as aprendizaxes e reforze a memoria.

Por se fose pouco, durante o sono é cando máis creces.

5 recomendaciones claves para la inocuidad de los alimentos de la Organización Mundial de la Salud (OMS).

1. Mantenga la limpieza. Higiene
2. Separe alimentos crudos de cocidos
3. Cocine completamente
4. Mantenga las temperaturas seguras
5. Utilice materias primas seguras
 
.
Repaso da unidade:
 

LIBRO DIGITAL NUESTRO CUERPO POR DENTRO: libro digital que incluye animaciones, videos de “Érase una vez la vida” y ejercicios de evaluación.Incluye digestión, respiración y circulación.

 

La nutrición humana

 

 

 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
 

Aquí tienes un artículo que nos cuenta, lo que se gasta en comida, una familia media; es decir con dos o tres hijos, en los diferentes países y continentes.

La alimentación en los distintos paises del mundo varía muchísimo en función de la cultura, la costumbre y por supuesto, la capacidad económica de las personas. A continuación, tenemos algunos ejemplos; por países, con el promedio del gasto destinado a alimentarse en una familia típica de 4 miembros.

Fijaros en las fotografías, veréis la composición de cada familia, los alimentos expuestos en la mesa o en el suelo, y comprobaréis las diferencias que hay entre algunas de estas familias con el resto.

Miradlas detenidamente

Recursos varios, para que aprendas, repases, amplies tus conocimientos:
Unidad 1: La nutrición y la dieta
Web interactivas
Jclic
Necesitamos alimentos
Así obtenemos los nutrientes
La dieta
La higiene, el ejercicio y el descanso
Las etiquetas de los alimentos

 
Contacto: Avenida Miguel Hernández nº 24 - O Carballo (Oleiros) - A Coruña (España) Tlf: 981 610 050 albertof@hcrey.org