|
A función de reprodución humana: |
Que é a función de reprodución? |
|
- A función de reprodución é o conxunto de procesos que lle permiten a un ser vivo ter descendentes ou crías.
|
|
Como o resto dos seres vivos, os seres humanos podemos reproducirnos. Para facelo, temos un aparato reproductor. |
|
- O aparato reprodutor é a parte do noso corpo que se encarga da reprodución.
|
|
Os aparatos reprodutores humanos: |
|
Entre os seres humanos hai persoas do sexo masculino, os homes, e persoas do sexo feminino, as mulleres |
|
O aparato reproductor dos homes é distinto do aparato reproductor das mulleres. |
|
- Os homes teñen un aparato reprodutor masculino que produce espermatozoides.
- As mulleres teñen un aparato reprodutor feminino que produce óvulos.
|
|
Como é a reprodución humana? |
|
A reprodución humana é sexual, é dicir, nela interveñen dúas persoas: unha do sexo masculino e outra do sexo feminino. |
|
|
|
As fases da reprodución humana: |
|
Na reprodución humana distínguense catro fases:
- A formación de espermatozoides e óvulos nos aparatos reproductores.
- A fecundación ou unión dun espermatozoide e un óvulo para orixinar un bebé.
- O embarazo ou desenvolvemento do bebé dentro da nai.
- O parto ou nacemento do bebé.
|
|
|
|
|
O aparato reprodutor masculino: |
|
|
|
De que se encarga? |
|
O aparato reprodutor masculino encárgase de producir espermatozoides. |
|
Como é? |
|
O aparato reprodutor masculino está formado por varios órganos. Os principais son os testículos e o pene. |
|
|
|
|
|
|
|
O aparato reprodutor feminino: |
|
|
|
De que se encarga? |
|
O aparato reprodutor feminino encárgase de producir os óvulos e de albergar o futuro bebé mentres se desenvolve. |
|
Como é? |
|
O aparato reprodutor feminino está formado por varios órganos. Os principais son os ovarios, o útero, as trompas de falopio, a vaxina e a vulva. |
|
Os ovarios:
- Os ovarios son os órganos do aparato reprodutor feminino que producen os óvulos.
- Os ovarios están no interior do abdome e teñen forma ovalada.
|
O útero: |
-
O útero é un órgano interno con forma de pera, oco e con grosas paredes musculares.
-
O útero é a parte do aparato reprodutor feminino na que se encontra o bebé durante o proceso de desenvolvemento no interior da nai.
As trompas de falopio:
A vaxina:
A vulva:
-
A vulva é a parte externa do aparato reprodutor feminino. Está formada por unhas dobras carnosas denominadas labios.
-
Os labios cobren a entrada da vaxina e o orificio da uretra, que é a saída do aparato excretor.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A fecundación, o embarazo e o parto. |
|
|
|
A fecundación: |
|
A fecundación é a unión dun espermatozoide e un óvulo que forman un cigoto. |
|
O cigoto transfórmase ata formar un embrión. Como no resto dos animais vivíparos, nos seres humanos o embrión desenvólvese no interior do útero materno.
|
|
O embarazo: |
|
O embarazo é o proceso de desenvolvemento do embrión que ten lugar no útero da nai. Dura uns nove meses e finaliza cando nace o bebé. |
|
Que acontece durante o embarazo?
- Ao pouco tempo de comezar o embarazo, o embrión xa ten trazos humanos e pasa a chamarse feto.
- O feto está dentro dunha bolsa chea de líquido. Mentres se desenvolve, a través dun órgano chamado placenta, recibe alimentos e osíxeno da nai e expulsa as substancias de refugallo. A placenta conéctase á tripa do feto mediante o cordón umbilical.
|
|
O parto:
Cando o feto rematou de desenvolverse, a bolsa na que está rompe, o útero contráese e prodúcese o parto
|
|
O parto é a saída do feto ao exterior pola vaxina. |
|
Tras o parto, o médico corta o cordón umbilical. Isto deixa unha cicatriz na tripa do bebé: o embigo. |
|
Que acontece tras o parto?
Durante os primeiros meses de vida, o bebé depende completamente dos pais. Para alimentarse, mama, igual que todos os mamíferos. Pouco a pouco, vai desenvólvendose. O cariño dos que o rodean, axuda a crecer como unha persoa saudable e feliz.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aprende outras formas de nacer e vivir: |
|
|
|
|
|
Recursos para aprender, reforzar, ampliar coñecementos: |
|
Unidad 3: Reproducción humana |
Web interactivas |
Jclic |
La función de reproducción humana |
|
|
El aparato reproductor masculino |
|
|
|
|
El aparato reproductor femenino |
|
|
La fecundación, el embarazo y el parto |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|