.

.

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 
Primeiro Trimestre
Tema 2: Respiración, circulación e excreción humanas.
Respiramos:
 
O aparato respiratorio é a parte do noso corpo que se ocupa de respirar; é dicir, de tomar osíxeno e expulsar dióxido de carbono.
   
O noso aparato respiratorio
 

O aparato respiratorio humano está formado por dous tipos de elementos: as vías respiratorias e os pulmóns.

  • As vías respiratorias son un conxunto de tubos polos que o aire entra e sae. Son as fosas nasais, a farinxe, a larinxe a traquea e os bronquios, que se ramifican en tubos cada vez máis finos ata rematar en millóns de diminutos sacos chamados alvéolos, rodeados por vasos sanguíneos.
  • Os pulmóns son dous órganos de aspecto esponxoso, que están formados polo conxunto das ramificacións dos bronquios e polos alvéolos.
Así funciona o noso aparato respiratorio:
  O proceso da respiración ten tres etapas: a inspiración, o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono co sangue e a expiración.
 

A inspiración ou entrada de aire nos pulmóns:

  • Baixo os pulmóns hai un músculo chamado diafragma. Cando o diafragma se contrae, ensancha os pulmóns e o aire entra polas vías respiratorias.

O intercambio de osíxeno e dióxido de carbono:

  • Nos alvéolos, o osíxeno pasa do aire ao sangue. Ao mesmo tempo, o dióxido de carbono que producimos como refugallo e que está no sangue, pasa ao alvéolo.

A expiración ou expulsión do aire ao exterior:

  • Cando o diafragma se relaxa, os pulmóns estréitanse e o aire cargado de dióxido de carbono dos alvéolos expúlsase ao exterior a través das vías respiratorias.
 

Aquí tienes un repasito del Aparato Respiratorio; no obstante debes guiarte por lo explicado en clase por don Antonio. Esto sólo debe ayudarte, a estudiar lo visto en clase y en el libro. (Pulsa sobre la imagen)

 
Detalle das vías respiratorias:
 

 

 
Distribuímos substancias:
 
O aparato circulatorio é parte do noso corpo que se encarga de distribuír os nutrientes e de levar os refugallos ata os órganos encargados de expulsalos
 

O noso aparato circulatorio:

O noso aparato circulatorio componse do corazón e os vasos sanguíneos, por cuxo interior circula o sangue.

  • O sangue é o líquido vermello que enche o aparato circulatorio e que se move continuamente polo seu interior; así transporta os nutrientes, o osíxeno e os refugallos.
  • O corazón é o órgano que impulsa o sangue polos vasos sanguíneos. As súas paredes están formadas por músculos e o seu interior ten catro cavidades.
  • Os vasos sanguíneos son os tubos polos que circula o sangue. Forman un circuíto pechado de onde o sangue non sae e que está conectado ao corazón.

 

 

Así funciona o noso aparato circulatorio:
 
O sangue sae impulsado do corazón, chega aos órganos do corpo e volve ao corazón.

O sangue sae do corazón:

O corazón contrae as paredes musculares; as cavidades comprímense e o sangue é impulsado cara aos órganos a través dos vasos sanguíneos.

O sangue chega aos órganos:

Os vasos sanguíneos ramifícanse, fanse moi finos e intérnanse en todos os órganos. Deste modo, o sangue pode transportar as substancias por todo o corpo.

O sangue volve ao corazón:

Nos órganos, os vasos sanguíneos conflúen noutros máis grosos que conducen ao corazón. Cando este relaxa as paredes e se ensancha, o sangue dos vasos entra nas cavidades.

   
Paraque repases bien lo del Corazón.
En la parte superior izquierda hay cuatro flechas, cada una de ellas trata un tema diferente; sólo tienes que pulsar con el ratón en cada flecha

   
   
O funcionamento do corazón e a circulación do sangue:
 

 

 

Expulsamos refugallos:
 

Como expulsamos os refugallos?

  • Ao utilizar os nutrientes e o osíxeno, os nosos órganos producen refugallos que hai que expulsar do corpo.

  A excreción é o conxunto dos procesos que realiza o noso corpo para expulsar refugallos ao exterior.
 
  • Un dos refugallos que producimos é o dióxido de carbono, que é expulsado polo aparato respiratorio.
  • Os restos da dixestión expúlsanse no aparato dixestivo.
  • Os demais refugallos son recollidos do sangue e expulsados polo aparato excretor e pola pel.
 
O aparato excretor e a urina
 
O aparato excretor está formado por dous riles, dous uréteres, a vexiga e a uretra.
 
  • Os riles son dous órganos de cor marrón que filtran o sangue que lles chega, extraen del auga e os refugallos e, con esa mestura, fabrican a urina.
  • Os uréteres son dous tubos que conectan cada ril coa vexiga e conducen a urina ata ela.
  • A vexiga é un depósito de paredes flexibles. Acumula a urina e, cando está chea, sentimos ganas de ouriñar.
  • A uretra é o conducto que leva a urina desde a vexiga ata o exterior. Ouriñamos a través dela.
 
A pel e a suor:

 

A pel expulsa refugallos grazas ás numerosas glándulas sudoríparas que ten no seu interior
 
As glándulas sudoríparas filtran o sangue e extraen del auga e refugallos (sobre todo, sal). Coon esta mestura fabrican a suor, que sae ao exterior a través dos conductos que comunican as glándulas sudoríperas cos poros da pel.

 

 

 
Resumo: a función de nutrición humana.
 
Os catro procesos da nutrición:
 

 

 
Mediante a función de nutrición, as persoas obtemos nutrientes, respiramos, distribuímos e utilizamos as substancias que tomamos e expulsamos os refugallos.
 

A otención dos nutrientes:

  • Obtemos os nutrientes que necesitamos a partir de alimentos que proceden doutros seres vivos. Tamén obtemos nutrientes da auga que bebemos.
  • Transformamos os alimentos co aparato dixestivo para extraer os nutrientes e absorbemos os devanditos nutrientes, que pasan ao sangue.

A respiración:

  • Obtemos o osíxeno do aire co aparato respiratorio. O osíxeno pasa ao sangue.
  • Co aparato respiratorio tamén expulsamos ao aire o dióxido de carbono que producimos e que o sangue transporta ata os alvéolos.

A distribución das substancias por todo o corpo:

  • Co aparato circulatorio e o sangue que contén, transportamos os nutrientes e o osíxeno ata os órganos.
  • Nos órganos, as substancias utilízanse para crecer, para obter enerxía ... Esta actividade produce refugallos, que son recollidos polo sangue.
  • O aparato circulatorio leva esas substancias de refugallo ata os órganos que as expulsan ao exterior.

A expulsión dos refugallos:

  • Co aparato respiratorio expulsamos o dióxido de carbono ao aire.
  • Co aparato excretor expulsamos refugallos en forma de urina.
  • Coas glándulas sudoríparas expulsamos refugallos en forma de suor.
   
Recursos para aprender, repasar, ampliar coñecementos:
 
Unidad 2: Respiración, circulación y excreción humanas
Web interactivas
Jclic
Respiramos
Distribuimos sustancias
 
Expulsamos desechos
   
   

   
 Tarefa final:
   
 
 
   
 
 
 
Contacto: Avenida Miguel Hernández nº 24 - O Carballo (Oleiros) - A Coruña (España) Tlf: 981 610 050 albertof@hcrey.org