2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
|
|
Primeiro Trimestre |
Tema 4:As funcións vitais en animais e plantas. |
O obxectivo desta unidade é que o alumno sexa capaz de comprender a función das distintas partes dos animais e das plantas, e explicar as diferenzas na forma na que ambos os dou tipos de seres vivos levan a cabo as funcións vitais. |
|
|
A nutrición nos animais. |
|
A función de nutrición nos animais:
- Mediante a función de nutrición, os animais aliméntanse, respiran, distribúen e utilizan as substancias tomadas e expulsan os refugallos.
- O animais respiran:
- Para conseguir os nutrientes, os animais aliméntanse doutros seres vivos: plantas ou animais. Tamén toman auga.
- Estes alimentos alcánzanos e catúranos con partes do corpo: as aves cun peteiro afilado, o camaleón, cunha língua longa, ...
- Despois, dixírenos, é dicir, transfórmanos e extraen deles as substancias nutritivas.
-
Os animais teñen un aparato dixestivo co que extraen as substancias nutritivas. |
- Os animais respiran:
|
|
|
|
A nutrición nas plantas. |
|
|
|
A función de nutrición nas plantas: |
|
-
Mediante a función de nutrición, as plantas fabrican os seus nutrientes, respiran, distribúen e utilizan as substancias que fabrican e expulsan os refugallos.
- As plantas fabrican os nutrientes:
Para fabricar nutrientes, as plantas absorben auga, sales minerais e dióxido de carbono e realizan a fotosíntese. |
- Absorción de auga , sales e dióxido de carbono:
- Pola raíz, as plantas absorben auga con sales minerais do solo. Esta mestura chámase zume bruto.
- Polas follas, absorben dióxido de carbono do aire.
- Realización da fotosíntese:
- Nas follas, as plantas realizan a fotosíntese, é dicir, utilizan a enerxía da luz do Sol para transformar o zume bruto e o dióxido de carbono nunha mestura chamada zume elaborado, que contén os nutrientes que necesita a planta.
- As plantas respiran:
-
As plantas respiran, é dicir, toman osíxeno do medio no que viven e expulsan dióxido de carbono. |
- As plantas expulsan os refugallos:
- As plantas expulsan ao exterior, a través das follas, o osíxeno que producen na fotosíntese e o exceso de auga en forma de vapor.
|
|
|
Curiosidades: |
|
|
|
|
|
|
|
|
A reprodución nos animais. |
|
Mediante a función de reprodución, teñen crías ou fillos.
-
A reprodución animal é sexual, nela interveñen un individuo de sexo masculino (que produce espermatozoides) e outro de sexo feminino (que produce óvulos) . |
|
|
-
Etapas da reprodución dos animais:
-
A fecundación:
-
O desenvolvemento do embrión:
- Cando o embrión se desenvolve dá lugar á cría.
- Nos animais ovíparos, o desenvolvemento do embrión ten lugar no interior dun ovo. O período que a cría pasa no ovo ata completar o seu desenvolvemento chámase incubación.
- Nos animais vivíparos, o embrión desenvólvese dentro do aparato reprodutor da súa nai, que lle achega nutrientes e osíxeno. O período que a cría pasa no interior da súa nai completando o seu desenvolvemento chámase xestación.
-
O nacemento:
- Cando o embrión completou o seu desenvolvemento, nace.
- Nos animais ovíparos, a cría sae do ovo. Isto chámase eclosión. As crías de moitos invertebrados ou as das ras, sofren, despois, un cambio que as transforma en adultos. Esta transformación chámase metamorfose.
- Nos animais vivíparos, a cría sae da nai. Este nacemento chámase parto.
|
|
|
|
|
|
|
|
A reprodución nas plantas. |
|
Mediante a función de reprodución, as plantas producen plantas fillas.
A moioría das plantas teñen unha reprodución sexual que levan a cabo mediante as flores. |
-
Así é unha flor típica:
-
As flores son órganos reprodutores da maioría das plantas. Unha flor típica ten estames, pistilo, corola e cáliz.
- Os estames son a parte masculina da flor. Producen gran cantidade de grans de pole.
- O pistilo é a parte feminina da flor. No seu interior hai un ou máis óvulos.
- A corola é un conxunto de folliñas de cores vivas, chamadas pétalos, que rodean os estames e o pistilo.
- O cáliz é un conxunto de follas verdes e duras, chamadas sépalos, que envolven a flor e a protexen antes que se abran.
2. Etapas da reprodución das plantas:
|
|
|
|
|
|
A relación en animais e plantas. |
|
Mediante a función de relación, os seres vivos son capaces de detectar os cambios que se producen ao seu redor e de reaccionar ante eles de maneira axeitada. |
- A función de relación nos animais:
- Para levar a cabo a función de relación, os animais, e, polo tanto, os seres humanos, dispoñen de órganos dos sentidos, dun sistema nervioso e dun aparato locomotor.
- Os órganos dos sentidos: Os animais teñen órganos dos sentidos cos que perciben os cambios que se producen ao seu redor:
- Teñen oídos, cos que captan as vibracións sonoras.
- Teñen ollos, cos que perciben a luz e as imaxes.
- Teñen órganos do gusto e do olfato cos que detectan substancias no medio ou nas cousas que comen e beben.
- Teñen órganos do tacto para notar o frío, a calor ou o contacto con outros seres vivos e con obxectos.
- O sistema nervioso: Os animais teñen un sistema nervioso, que é un aparato formado por un cerebro máis ou menos desenvolvido e por nervios. Este aparato interpreta a información que captan os órganos dos sentidos e ordénalle ao corpo que reaccione.
- O aparato locomotor: Nos vertebrados está formado polos ósos e os músculos. Estes últimos son órganos capaces de executar as ordes do sistema nervioso e transformalas en movementos do animal.
- 2. A función de relación nas plantas:
- As plantas non teñen nin órganos dos sentidos, nin sistema nervioso, nin aparato locomotor, pero son capaces de reaccionar ante certos cambios no ambiente.
- Por exemplo, reacciona cos cambios da luz crecendo cara a ela, orientando as follas.
|
|
|
|
|
Repaso, refuerzo, ampliación del tema: |
|
Las funciones vitales en animales y plantas |
Web interactivas |
Jclic |
La nutrición en los animales |
|
|
|
|
|
La nutrición en las plantas |
|
|
|
|
La reproducción en los animales |
|
|
|
La reproducción en las planta |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Contacto: Avenida Miguel Hernández nº 24 - O Carballo (Oleiros) - A Coruña (España) Tlf: 981 610 050 albertof@hcrey.org
|
|