.
.
.
CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3º Curso
 
TEMA 1: Descubrimos cambios ao noso redor

Os días e as noites: A Terra é o planeta no que vivimos. Ten a forma dunha esfera enorme. Ademáis non esta quieta, xira continuamente sobre si mesma.

O xiro que realiza a Terra sobre si mesma chámase movemento de rotación.

Un día e o tempo que a Terra tarda en dar unha volta completa sobre si mesma. Ese tempo divídese en 24 horas.

A luz do Sol ilumina unha cara da Terra, mentres a outro permanece escura. Como a Terra xira sobre si mesma cada lugar do planeta pasa por períodos de luz e de escuridade, que chamamos día e noite.

Na cara iluminada é de día, mentres que na cara escura é de noite.

A Lúa tamén ten forma de esfera, pero é unhas cincuenta veces máis pequena que a Terra.

A Lúa xira contínuamente arredor da Terra. O tempo que tarda a Lúa en dar unha volta completa arredor da Terra é de 29 días e medio.

A Lúa só é visible no ceo cando, ao xirar arredor da Terra pasa fronte ao lugar no que estamos, ademáis non sempre se ve co mesmo aspecto.

As estacións do ano: A Terra móvese arredor do Sol, que é unha estrela un millón de veces máis grande que o noso planeta
O xiro que efectúa a Terra arredor do Sol chámase movemento de translación.

O tempo que tarda a Terra en completar o seu movemento de translación é dun ano. Dura 365 días e 6 horas.

 

 

 

 

O Calendario: serve para organizar o ano. Nun calendario, o ano divídese en doce meses e os días agrúpanse de sete en sete formando semanas.

Nós cambiamos: A túa vida, como a de calquera persona, pode dividirse en varias etapas. En cada etapa ocorren cambios diferentes.

As etapas da vida dunha persona son cinco: xestación, infancia, adolescencia, madurez e vellez.

Xestación
Infancia
Adolescencia
Madurez
Vellez

Dura uns nove meses, son os que pasamos no ventre na nosa nai

 

Dura os primeiros doce ou trece anos da nosa vida. Nesta etapa o corpo vai medrando, pasamos de bebés a nenos, aprendemos a falar, ler, pensar, ...
Entre os 13 e os 20 anos. O noso corpo termina de medrar e de formarse, tomamos o aspecto de persoas adultas.
Desde os 20 ata os 70 anos, o noso corpo vai avellentando pouco a pouco.
A partir dos 70 anos, e o noso corpo e a nosa mente comezan a funcionar peor. Ao final desta etapa as persoas morremos
 

Os seres vivos nacen, medran, aliméntanse, respiran, reaccionan a cambios, reprodúcense e morren.

As plantas cambian, por exemplo unha pereira, nace dunha semente, medra e bota pólas e follas novas cada ano, florece en primavera, produce froitos, perde as follas no outono,...

Os animais cambian, por exemplo un poliño, nace dun ovo, ao principio está cuberto de penuxe, medra e ten plumas, se é femia pon ovos, ....

Todalas cousas cambian ao noso arredor, o mundo cambiou e seguirá cambiando.

Os cambios, ás veces supoñen ventaxes, pero noutras ocasións traen inconvintes e crean problemas.

 
RESUMO:
OS CAMBIOS AO NOSO REDOR
Os días e as noites
As estacións do ano
Nós cambiamos
As cousas cambian

Prodúcense porque a Terra xira

sobre si mentres é iluminada polo .

Dicimos que é de día

na cara e de noite na cara .

Prodúcenas o movemento de

da Terra ao xirar arredor do

Sol.

Hai catro estacións:

  • primavera

Durante a nosa vida

pasamos por cinco

etapas:

Cando os teus avós

eran nenos, non existían

moitos inventos

como:

  • ordenadores.

Recordo conceptos:

Escribe unha definición de:

Translación:

Calendario:

Xestación:

Explica por que se producen os días e as noites:

Como se chama o movemento que realiza a Terra arredor de si mesma?

Cantos días tarde? Cantas horas?

Como se chama o movemento que realiza a Terra arredor do Sol

Cantos anos dura? Cantos días?

O verán empeza o e remata o

O outono empeza o e remata o

O inverno empeza o e remata o

A primavera empeza o e remata o

Como se chaman as fases da Lúa: , ,

Queres saber máis?

 

 

 

 

 

.