|
2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA |
|
|
TEMA 2: Observamos o mundo en que vivimos. |

O exterior da Terra:
A Terra é unha enorme bóla de rocha. Desde o espazo vese de cor azul con algunhas zonas brancas e outras marróns ou verdes.
A súa superficie é rugosa, ten rexións altas e outras máis baixas.
A maior parte da súa superficie esta cuberta por auga líquida, que forma océanos, ríos, lagos; tamén hai xeo nos polos ou nas cimas dalgunhas montañas |
A hidrosfera é o conxunto de augas que cobren a superficie terrestre.
|
Arredor da Terra hai unha capa de aire na que se forman nubes.
|
A atmosfera é a capa de aire que rodea a Terra. |
Se lle quitamos o aire e a auga, a bóla que é a Terra veríase como unha esfera rochosa, marrón e gris. |
A xeosfera é a bola rochosa que quedaría se eliminásemos a atmosfera e a hidrosfera terrestres. |
A Terra ten unha enorme cantidade de seres vivos. Hainos por todas partes: nos océanos, na atmosfera, na su superficie da codia terrestre, e incluso no interior desta. |
A Biosfera é o conxunto dos seres vivos da Terra e do medio físico que habitan. |
|
As paisaxes da superficie terrestre:
|
Unha paisaxe é unha extensión da superficie terrestre que se ve desde un determinado lugar.
|
As paisaxes están formadas por varios elementos:
- O relevo, que é o conxunto das formas do terreo.
- A auga, que pode estar presente ou non.
- A vexetación (as plantas) e a fauna (os animais).
- Os elementos introducidos polo ser humano, como as vivendas, as estradas, as pontes, ...
Tipos de paisaxes:
- Montañosos. Son as que presentan grandes elevacións do terreo.
- Costeiras. Son as que se ven en lugares situados moi preto do mar.
- Desérticas. Carecen, case por completo, de vexetación e case non teñen auga.
- Urbanas. Son as que se ven nas cidades e vilas.
|
|
As paisaxes de Galicia:
En Galicia destacan, fundamentalmente, dous tipos de paisaxes: as costeiras e as de interior.
A costa está composta pola orela do mar e a franxa de terra que se encontra xunto a el.
A costa galega é moi ampla (1200 Km), e está moi recortada por cabos, ensenadas e rías.
A Costa de Galicia pódese dividir en catro partes ben diferenciadas:
Mariña de Lugo: 
Rías Altas: 
Costa da Morte: 
Rías Baixas 
O relevo do interior de Galicia presenta dúas formas principais: as serras e as chairas.
As serras de Galicia non son moi elevadas, e teñen cumes suaves. Concéntranse en tres grandes conxuntos:
- Serras centrais: atravesan Galicia de norte a sur.
- Serras setentrionais: situadas ao norte.
- Serras orientais e sudorientais: situadas ao leste e sudeste. Nelas atópanse as maiores alturas de Galicia.

As chairas esténdense por toda Galicia. Son terreos aplanados ou lixeraimente ondulados.
Entre as montañas hai numerosos vales polos que discorren cerca de mil ríos.
|
Representamos o mundo con planos e mapas:
- Un plano é un debuxo feito a tamaño reducido e visto "desde arriba", no que se representa un lugar moi extenso. Todos os elementos dun plano se debuxan a un tamaño menor, pero conservando as proporcións.
- Un mapa é un debuxo no que se representa, a tamaño reducido, e desde arriba, un lugar extenso.
Os mapas empréganse para representar comunidades autónomas, países continentes, ... ou toda a Terra.
Hai distintos tipos de mapas según os elementos que aparezan no mapa:
- Mapa físico: serven para representar mares, continentes, illas, ríos, lagos, montañas,.. .

- Mapa político: nos que se representan os países, cidades, vilas, aldeas, ...

- Mapas temáticos: para representar estradas, camiños, cultivos, gandos, industrias, etc dun territorio.

|
O mapa da Terra está formado por seis continentes. Un continente é unha enorme extensión de terra. |
Os continentes son Europa, Asia, África, América, Oceanía e Antartida..

|
O noso estado chámase España. Está formado por:
- Os territorios da Península Ibérica, en Europa.
- As illas Baleares e as illas Canarias.
- As cidades de Ceuta e Melilla, situadas en África.

|
España está formada por 17 comunidades autónomas. A nosa comunidade, Galicia, está situada no noroeste da península.
|
RESUMO: |
O mundo en que vivimos |
|
As capas da Terra |
As paisaxes e os seus tipos |
Os planos e os mapas |
España e Galicia no mapa da Terra |
Na superficie hai tres capas:
|
|
|
España ten varios territorios:
|
|
|
|
|
Queres saber máis?



|
|
|