.
.
.
CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3º Curso
 
TEMA 3: Coñecemos o aire e a auga

Como é a atmosfera?

Xa sabes que a Terra está rodeada por unha capa de aire que se chama atmosfera.

A Atmosfera é unha capa composta principalmente por aire, pero tamén por partículas que flotan nela (gotiñas de auga, fume, feluxe, po, ...) 

O aire é unha mestura de varios gases diferentes:

  • Nitróxeno. É con moita diferenza, o gas máis abundante do aire.
  • Osíxeno. É o gas que necesitamos para respirar. É o segundo en abundancia.
  • Outros gases. O aire, ten ademáis, cantidades moi pequenas de argon, de dióxido de carbono, de helio, de ozono, de vapor de auga,... Destaca o dióxido de carbono porque é moi importante para as plantas.

A atmósfera esténdese ata unha altitude de máis de 500 quilómetros sobre a superficie terrestre. Non obstante,, a maior parte do aire concéntrase nos primeiros oito quilómetros, máis arriba o aire e difícil de respirar.

 

Na atmosfera teñen lugar cambios continuos que podemos notar e que chamamos fenómenos atmoféricos.

Os fenómenos atmosféricos son todos os cambios que ocorren na atmosfera, como o vento, a formación de nubes ou as precipitacións

  • O vento. É o movemento do aire.

Esta animación axudarache a entendelo mellor.

  • A formación de nubes. AS nubes son grandes conxuntos de diminutas gotiñas de auga que se forman na atmosfera e flotan nela.

  • As precipitacións. Son a chuvia, a neve ou a saraiba. Prodúcense porque as gotiñas de auga das nubes caen á terra en estado líquido ou en forma de xeo.

 

Tipos de nubes:

 

 

A hidrosfera: a auga da Terra.

A auga é moi abundante na Terra. Atópase distribuida en grandes masas que poden ser superficiais ou subterráneas.

 

Augas superficiais:

As augas superificiais son as que se atopan sobre a sueperficie da codia terrestre.

Son augas superficiais:

  • Os océanos, que conteñen a maior parte da auga da Terra e cobren moita superficie da codia.
  • Os ríos, os arroios, os lagos e as lagoas, que se atopan sobre os continentes. As augas dos ríos e arroios corren polas pendentes ata os océanos. As dos lagos e lagoas permanecen acumuladas.
  • As masas de xeo, que son acumulación de auga en estado sólido. Atópanse en rexións da Terra moi frías, como os polos e os cumes das montañas.

 

Augas subterráneas:

As augas subterráneas son acumulacións de auga que se atopan baixo a superficie dos continentes.

Fórmanse cando a auga da chuvia se filta a través do chan ata que queda encerrada en depósitos chamados acuíferos. Ás veces volve a saír á superficie por fontes naturais que se chaman manantiais.

 

Augas salgadas e augas doces: case toda a auga da Terra está mesturada con outras substancias chamadas sales. Segundo a cantidade de sales que contén, distinguimos:

Augas salgadas. O sabor é salgado porque teñen moitos sales, e atopámolas nos océanos, nalgúns ríos e lagos, e en certas augas subterráneas.

Augas doces. O seu sabor non é salgado porque teñen moi poucos sales. Atopamos auga doce na maioría dos ríos, lagos e lagoas e nalgunhas augas subterráneas.

 

A auga en Galicia.

Os ríos e os encoros: Se observas o mapa físico de Galicia verás que ten numerosos ríos. Forman unha gran rede que se estende por todo o territorio.

En xeral, os ríos galegos son curtos e levan moita auga porque chove moito

 

O río principal de Galicia é o río Miño. É o único río galego que non é curto. Percorre 310 quilómetros atravesando Galicia de Norte a sur.

Ten a súa cabeceira na serra de Meira, ao norte de Lugo, e desemboca na Guarda, ao sur de Pontevedra. No seu percorrido pasa polas cidades de Lugo e Ourense,

Desembocadura do rio Miño. Vistas desde Monte de Santa Tegra en A Guarda

As lagoas son pequenas e pouco profundas, pero son moi importantes polos animais e as plantas que viven nelas.

As lagoas galegas máis importantes son as lagoas litorais, que están separadas do mar por dunas ou barreiras de area. Destacan:

  • A lagoa da Frouxeira, en Valdoviño

 

  • Lagoa de Doniños en Ferrol

  • Lagoa das Xarfas en Muros.

 

O mar

A costa galega está bañada polo mara Cantábrico, ao norte, e polo océano Atlántico, ao oeste.

Nas aguas mariñas galegas son moi importantes a pesca, o marisqueo e a acuicultura.

A acuicultura é o cultivo de especies mariñas, como o mexillón, a ameixa ou o radaballo

 

Necesitamos auga para todo:

  • Para que utilizamos a auga?
Como outros seres vivos, as persoas necesitamos beber auga. Pero ademais, utilizamos auga en moitas actividades humanas. Case sempre necesitamos auga doce e, en moitos casos, auga potable
A auga potable é auga doce que se pode beber porque non contén nada que perxudique a nosa saúde.

 

Como utilizamos a auga?

Os seres humanos somos moi numerosos e necesitamos moita auga potable. Acadala non é fácil, e para dispoñer dela debemos seguir catro procesos.

  • A obtención de auga doce.
  • A potabilización da auga que obtemos.
  • A distribución da auga ata os sitios onde se utiliza.
  • A depuración das augas xa utilizadas, ou residuais.
1. A obtención

A auga doce adóitase obter de dúas formas:

  • Tomándoa dos ríos. Almacénase en encoros para que non falte nas épocas de seca.
  • Extraéndoa dos acuíferos mediante perforacións chamadas pozos
2. Potabilización É o tratamento da auga que consiste en eliminar dela todo o que nos poida perxudicar. Así se consegue auga potable.
3. A distribución A auga, xa potable, condúcese ata as cidades, granxas, fábricas, ... mediante tubos e canalizacións.
4. A depuración A auga que utilizamos queda contaminada. Por iso, antes de devolvela á natureza, hai que depurala, eliminando dela os contaminantes que poida conter.

Como chega a agua as nosas casas? Como e a onde se vai?

 

Aprende e divirte coa auga:

Aire e auga

22 de Marzo O DIA MUNDIAL DA AUGA: Cazadores de auga

 

A auga: un recurso que se agota.

EL AIRE Y EL TIEMPO ATMOSFÉRICO

CONOCEMOS EL AGUA Y EL AIRE

CICLO INTEGRAL DEL AGUA

 
 
RESUMO E REPASO A UNIDADE

Recorda:

As persoas, contaminamos o aire, provocamos cambios negativos na atmosfera que afectan a nosa saúde e a do planeta. É a contaminación atmosférica, producida por:

  • A expulsión de gases tóxicos, fume, po, ...
  • Os ruídos moi fortes, que danan os nosos oídos

Podemos reducir a contaminación se consumimos menos enerxía, reciclarmos e usamos menos o coche.

Os seres vivos terrestres necesitamos auga doce para beber. Beber auga salgada perxudicaríanos.

Pero case toda a agua da Terra é salgada. A auga doce é escasa, nalgúns lugares é case inexistente, ou moi dificil de conseguir ou esta contaminada.

Por iso, é moi importante que coidemos as reservas de auga doce e que non a malgastemos.

 

O AIRE E A AUGA NA TERRA
A atmosfera terrestre
A auga na Terra
Utilizamos a auga

A atmósfera está formada por

e por que flotan nela.

O aire é unha mestura de e outros gases.

Na atmófera hai continuos cambios. Sos os chamados como o , a formación de e as .

Na Terra hai augas:

  • , como as dos
  • océanos, os , os lagos ou masas de
  • que son as dos acuíferos.

Dependendo dos sales que conteñen, hai augas e

Para sobrevivir, as persoas necesitamos

auga e, a miudo

.

Para utilizar a auga, levamos a cabo catro procesos:

Actividades de reforzo:

1. Cita tres fenómenos atmosféricos: , ,

2. Nomea os gases máis importantes da atmosfera:

3. Que ten a atmosfera ademáis de aire?

4. Nas montañas altas os escaladores fatíganse e respiran mal, por que?

5. Que farias para reducir a contaminación atmosférica?

6. En que zonas da Terra hai auga en estado sólido?

7. Cita os principais conxuntos de auga do planeta:

8. En que se diferencia a agua doce e a auga salgada?

9. Cales son as principais características dos ríos galegos?

10. Onde nace o río Miño? , onde desemboca? , que cidades atravesa?

11.Cita dous exemplos do uso da auga.

12. Que debe ocorrer para que os habitantes dunha cidade dispoñan de auga potable?

13. Escribe unha definición de:

  • acuifero:
  • auga potable:
  • depuración:

14. Cales son os dous gases máis importantes do aire?

15. De que dous xeitos provocamos a contaminación atmosférica?

16. Que son as augas subterráneas?

17. En que se diferencian a chuvia, a neve e a saraiba?

Un autobús con 50 pasaxeiros produce 15 veces menos contaminantes que os coches que se necesitarían para transportalos.

Propón dúas medidas para reducir a contaminación do aire:

Busca o significado de:

  • anemómetro:
  • pluviómetro:
  • termómetro:

Para que se usan estes instrumentos?

 

.