A Terra ten unhas características especiais que permiten a existencia de vida. Por exemplo:
É un planeta temperado. As temperaturas suaves da Terra débense a que a atmosfera e a hidrosfera absorben a calor do Sol, retéñena e distribúena por todo o planeta.
Ten moita auga. Ao contrario que noutros mundos, na Terra abunda a auga e está en forma de líquido, de xeo ou de vapor de auga. A auga é fundamental para a vida.
A súa atmosfera protexe a vida. A capa de aire filtra os raios solares perigosos. Ademais, contén gases necesarios para a vida, como o osíxeno ou o dióxido de carbono.
As condicións especiais da Terra permiten a existencia de moitos seres vivos, que forman a biosfera
A vida nos medios acuáticos
Atopamos moitos seres vivos nos mares, ríos, lagos, lagoas ..., incluso, nas gotas de chuvia.
Os seres vivos acuáticos teñen características que lles permiten sobrevivir e realizar as súas actividades dentro da auga.
A vida nos medios terrestres.
Hai seres vivos que viven nos desertos, nas rexións polares, nas selvas, nas montañas, nas praderías e sabanas.
Algúns incluso viven baixo a superficie: nas covas ou no interior do solo.
Os seres vivos terrestres teñen características que lles permiten sobrevivir e realizar as súas actividades fóra da auga.
O coidado da vida na Terra.
Non podemos esquecer que nós tamén somos seres vivos e que dependemos doutros seres vivos para alimentarnos, para elaborar produtos, para gozar da súa compañía, ...
Se non coidamos o noso planeta e os seres vivos que habitan nela, non poderemos sobrevivir.
VIDEO EDUCATIVO MEDIO AMBIENTE
Os medios e a súa diversidade:
Algúns medios acuáticos
Algúns medios terrestres
O medio mariño: É o máis rico en seres vivos. Todos eles son capaces de vivir na auga salgada.
Os peixes e outros animais que viven neste medio han de nadar con forza para non seres arrastrados polas correntes
Os desertos. Teñen moi pouca auga. Os seres vivos neles poden soportar a secura.
As zonas polares. Son medios moi frios, habitados por serse vivos preparados para non conxelarse.
As sabanas. Son extensas praderías. Teñen temperaturas cálidas, unha estación seca e outra chuviosa.
As selvas: son moi cálidas e húmidas. Son os medios de maior diversidade despois dos mariños.
As zonas de alta montaña. Nelas vai bastante frío e hai pouco osíxeno, debido á altitude.
As covas. Son medios subterráneos nos que reina unha escuridade case total e hai moita humidade.
Vídeos:
SELVAS AMAZONICAS
Grandes Desiertos
Naturaleza Extrema
Sabana
As características de todo ser vivo
As funcións vitais
. Na Terra hai moitos seres vivos distintos e en medios moi diferentees. Todos temos varias cousas en común. Entre elas a máis importante é que realizamos as funcións vitais.
As funcións vitais son actividades que levamos a cabo os seres vivos e que nos diferencian das cousas non vivas: nutrición, relación e reprodución.
A función de nutrición.
A Alimentación nos Seres Vivos
A función de nutrición consta de tres procesos: tomar substancias do medio, utilizalas para medrar, reparar o corpo e obter enerxía, e expulsar as substancias de refugallo.
Os animais tomamos alimentos ao comer outros seres vivos. Tamén bebemos auga e respiramos osíxeno.
As plantas toman auga e minerais do solo, e dióxido de carbono do aire. Con estas substancias e coa luz do Sol, fabrican o seu alimento. Tamén respiran osíxeno.
Nutrición de las Plantas
A función de reproducción
A función de reproducción é a capacidade que teñen os seres vivos para producir descendentes, é dicir, outors seres vivos que teñen as mesmas características que os seres dos que proceden
A función de relación.
A función de relación é a capacidade para notar cambios que ocorren no contorno e reaccionar ante eles.
Os animais detectamos o noso controno cos sentidos (vista, oído, gusto, tacto e olfato), e reaccionamos con movementos ou desplazamentos.
As plantas non teñen sentidos nin se desprazan, pero reaccionan ante os cambios de temperatura, de estación, etc. modificando algunhas partes dos seus corpos.
Plantas, animais e outros seres vivos.
Que tipos de seres vivos hai?
No planeta hai millóns de seres vivos diferentes.
Son tantos que, para estudalos, os científicos fixeron grandes grupos de seres vivos con características similares. Isto chámase clasificar. Tamén clasifican os grandes grupos de outros máis pequenos.
Plantas e animais.
A maior parte dos seres vivos que coñeces inclúense en dous grandres grupos: as plantas e os animais
Para clasificar un ser vivo como planta ou como animal, hai que ter en conta certas características típicas destes grupos.
Vexamos cales son:
Como recoñecer ...
... unha planta?
... un animal?
O fundamental é que fabrican o seu alimento. Non necesitan alimentarse doutros seres vivos.
Outras características: adoitan ter raíz, talo e follas. Non teñen sentidos. Adoitan ser de cor verde. Non se desprazan e adoitan reproducirse mediante sementes.
O fundamental é que obteñen os seus alimentos comendo outros seres vivos.
Outras características: teñen sentidos. Móvense e, case sempre, desprázanse. Reprodúcense formando descendentes no interior de ovos ou no ventre das nais.
Outros seres vivos.
Ademais dos animais e as plantas, hai outros moitos seres vivos que non son nin animais nin plantas
Seres vivos que non son nin plantas nin animais
As bacterias:
Son animais microscópicos e moi simples. Algunhas pódennos causar enfermidades; outras viven no interior do noso intestino, axudándonos a facer a dixestión.
As algas:
Nútrense igual que as plantas, pero non teñen nin raíz, nin talo, nin follas. A maioría son microscópicas, pero hainas enormes, como as que se ven nas praias.
Os fungos:
Algúns destes seres viven no solo ou sobre plantas e producen cogomelos; outros son os mofos do pan ou da froita.
Aliméntanse descompoñendo outros seres vivos. Non teñen sentidos nin se desprazan.
Repaso- Ampliación:
RESUMO:
A vida na Terra
A vida abunda na Terra
As características de todo ser vivo
A diversidade de seres vivos na Terra
A Terra é un planeta
que ten moita
e unha
que protexe a vida e achega gases.
Grazas a iso, a Terra ten unha con abundantes seres, tanto nos medios como nos medios .
Todo ser vivo realiza tres
consiste en tomar do medio e utilizalas.
. Consiste en notar
no noso contorno e reaccionar antes eles.
. Consiste en producir
Hai dous tipos de seres vivos moi coñocidos:
.
Animais.
Ademais, hai outros moitos seres que non son nin plantas nin animais:
.
.
.
Resposta:
A pesar de ser tan diferentes, todos os seres vivos teñen algo en común. Que características ten todo ser vivo?
Cita tres características da Terra que sexan favorables para os seres vivos:
Tendo en conta o medio onde viven, clasifica os seres vivos:
Que distingue a un ser vivo dunha cousa non viva:
Cita as diferencias e semellanzas entre a nutrición dun animal e a dunha planta:
Como reaccionan as plantas a certos cambios no seu contorno?
Para que serven os sentidos dos animais?
Nomea dúas características das plantas que non teñan os animais:
Que é un ser acuático?
Que é unha bacteria?
En que consiste a función de nutrición:
En que consiste a función de relación?
Que é a reprodución?
Como obteñen as plantas os seus alimentos?
Nomea dou seres vivos acuáticos que teñan as crías no ventre da nai: