.
.
.
CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3º Curso
 

Recursos educativos anaya Tema 5:

 
TEMA 5: Coñecemos os animais.

 

OS ANIMAIS VERTEBRADOS.
  • Que é un vertebrado?

 

Os vertebrados son animais que teñen un esqueleto con columna vertebral dentro dos seus corpos.

Ademais, todos os vertebrados teñen dúas importantes características comúns:

  • O seu corpo ten caberza, tronco e, case sempre, as extremidades. Segundo o medio en que vivan, as extremidades poden ser aletas, patas, brazos, ás, ....
  • A súa cabeza ten un cerebro e órganos dos sentidos moi desenvolvidos, comparados cos doutros animais.

 

 

Vertebrados.
Los animales: Vertebrados
vertebrados

 

Os cinco grupos de vertebrados e as súas características
Os peixes Os anfibios Os réptiles As aves Os mamíferos

 

Quenlla

Ra

Tartaruga

Cegoña

Focas

Barbo

Tritón

Serpe

Colibrí

Osos

Viven na auga e respiran mediante branquias. Os seus corpos están cubertos de escamas. As súas extremidades son aletas. Son ovíparos.
Pasan parte da súa vida na auga e parte en terra. Teñen a pel núa ( sen escamas, nin plumas, nin pelos). Adoitan ter catro patas. Son ovíparos.
Son acuáticos ou terrestres. Respiran por pulmóns. Teñen escamas; as tartarugas, ademais, unha ccoiraza. A maioría teñen patas (as serpes non). Son ovíparos.
Respiran por pulmóns. A súa pel está cuberta de plumas e teñen un peteiro na boca. As súas extremidades son ás, as traseiras patas. Son ovíparos.
Son terrestres ou acuáticos. Respiran por pulmóns. A súa pel está cuberta de pelo. Case todos son vivíparos. Producen leite para aleitar as súas crías.
 
  • Tipos de vertebrados.
  • Segundo a súa alimentación. Hai vertebrados herbívoros, que comen plantas; carnívoros, que se alimentan de animais, e omnívoros, que comen plantas e animais.

 

  • Segundo a súa respiración. Algúns toman o osíxeno da auga mediante branquias. Algúns tómano do aire mediante pulmóns. Os anfibios respiran, ademais, a través da súa fina pel, cando está húmida.

 

  • Segundo a súa reprodución. A maior parte dos vertebrados son ovíparos: poñen ovos. Case todos os mamíferos son vivíparos: nacen do ventre das súas nais.
Mamíferos, aves e peixes.

 

OS ANIMAIS INVERTEBRADOS

  • Que é un invertebrado?

 

  Os invertebrados son animais que non teñen esqueleto con columna vertebral dentros dos seus corpos.
 
  • A gran maioría dos animais do planeta son invertebrados. Pero son moito menos coñecidos que os vertebrados porque moitos viven nos océanos e unha boa parte deles son moi pequenos.
  • Os invertebrados teñen características moi variadas e son moi diferentes uns doutros. Como non teñen esqueleto interno, os seus corpos son brandos; moitos deles teñen cunchas ou cachos que rodean o seu corpo e o protexen de posibles inimigos.
Invertebrados
Animass invertebrados
ANIMAIS INVERTEBRADOS
Invertebrados

 

Algúns invertebrados e as súas características:
Medusas e polips Vermes Moluscos Artrópodos
Estrelas e ourizos de mar

Medusa

Nereido

Ameixas

Cangrexo

Estrela de mar

Pólipo de coral

Miñoca de terra

Caracol

Saltón

Ourizo de mar

Os seus corpos, son moi sinxelos, teñen forma de bolsa. A súa boca é unha abertura rodeada de tentáculos velenosos cos que cazan. Son animais acuáticos. Teñen o corpo moi alongando. Hainos acuáticos, como os nereidos, e terrestres, como as miñocas. Algúns viven dentro doutros animais. Moitos deles teñen cunchas arredor dos seus corpos. Hainos acuáticos (polbos, ameixas, ...) e terrestres (caracois de xardín, babosas, ...). Teñen un cacho ríxido e varias patas articuladas; algúns teñen ás. Hainos acuáticos (cangrexos, gambas, ...) e terrestres (arañas, insectos,...) Os seus corpos teñen forma de estrela ou bóla e atópanse cubertos por unha coiraza espiñenta. Son invertebrados exclusivamente mariños.
 
  • Tipos de invertebrados.
  • Segundo a súa alimentación. Hainos herbívoros, carnívoros e omnívoros.
  • Segundo a súa respiración. Moitos invertebrados acuáticos toman o osíxeno da auga a través da superficie dos seus corpos outros teñen branquias. Moitos invertebrados terrestres toman o osíxeno do aire por finos tubos chamados tráqueas; outros teñen pulmóns moi sinxelos.
  • Segundo a súa reprodución. Todos os invertebrados poñen ovos. Deles saen unhas crías, chamadas larvas, que, ás veces, son moi diferentes dos adultos. Para transformarse en adultos, as larvas adoitan sufrir un conxunto de cambios que se chama metamorfose.

 

Vertebrados e invertebrados
Os animais
Os animais

 

ESTUDAMOS UN ANIMAL

  • Como se estuda un animal?

Se queredemos estudar un animal, deberemos fixarnos en varias cousas. Por exemplo:

  • Como é o seu corpo e como funciona. Describiremos o aspecto externo e as características internas do animal. Tamén analizaremos como leva a cabo as súas funcións vitais: de que se alimenta, como respira, como son os seus sentidos, como se reproduce, ...
  • Como se comporta. Comentaremos como actúa o animal, como se relaciona co seu contorno, ...
  • Onde vive. Describiremos o contorno no que se atopa ese animal e a súa distribución na Terra.
  •  O caderno de campo

Cando estudes animais no seu medio, interesarache elaborar un caderno de campo. Nel poderás anotar datos da observación, facer debuxos, pegar fotos, ...

Se máis tarde tes que facer un traballo, a información do caderno axudarache a lembrar e resumir o observado.

 

  • A fauna de Galicia.

 A gran variedade de paisaxes da nosa comunidade permite que vivan nela moitos de diversos tipos de animais.

Nos bosques galegos abundan todo tipo de aves como o corvo  ,

o azor  ;

o paporrubio  , o reiseñor

ou a pega  ,

e na costa abundan as gaivotas  ,

os araos  e os cormoráns  .

Entre os mamíferos podemos encontrar:

o esquío  , o raposo  , o lobo  , a lebre  , o ourizo  ,

o cabalo  ou o xabaril

Nas augas mariñas tamén hai gran variedade de peixes como a pescada

a sardiña  , o xurelo  ,

o rodaballo  , a robaliza  ,

o ollomol  , ou o rapante  .

De crustaceos como o camarón  , a nécora

a centola  ou o percebe  .

De moluscos como o mexilón  , o polbo  ,

a ameixa  ou a lura  .

Nas augas dos ríos galegos encontramos peixes de auga doce como a troita  ,

a anguía  , a lamprea  ,

o reo  ou o salmón  .

 

REPASO:

 

 

RESUMO:
 
OS ANIMAIS
 
Os animais
Os animais invertebrados
Estudamos un animal

Todos os vertebrados teñen un n interno con .

Hay cinco tipos:

Os invertebrados son os animais que non teñen .

Isto fai que os seus corpos sexan . Por iso, moitos deles teñen ou que os protexen.

Os invertebrados poñen para reproducirse,

Para estudar un animal hai que observalo e anotar o que vexamos nun de .

No noso estudo, trataremos aspectos como os seguintes:

Cales son as partes do corpo dun vertebrado? e

Cal é o único grupo de vertebrados vivíparos?

Di a que grupo de vertebrados pertence unha pomba: Cales son as súas características:

Se un vertebrado ten escamas e respira por branquias, a que grupo pertence?

Como se reproducen os invertebrados?

Como protexen o seu corpo moitos invertebrados?

Que son as tráqueas e para que serven?

Que invertebrados poden voar?

En que se diferencia un molusco e un artrópodo?

Cita catro aspectos importantes que deben figurar no estudo dun animal:

Cales son as principais especies que habitan nos bosques de Galicia?

E no mar?

Escribe a definición de:

Herbívoro:

Ovíparo:

Ave:

Artrópodo:

En que se diferencian os animais vertebrados dos invertebrados?

Que vertebrados poñen ovos e teñen escamas que cobren o seu corpo?

 

Voltar a Índice

.