As persoas temos a capacidade de inventar obxectos que nos axudan a realizar moitas das nosas actividades. Chamámoslles a estes obxectos útiles ou utensilios.
As ferramentas e os instrumentos son utensilios que inventamos para realizar as nosas actividades.
As máquinas.
A maior parte das ferramentas e dos instrumentos que inventamos son máquinas.
Unha máquina é un conxunto de pezas combinadas que utiliza enerxía para desempeñar algunha función.
Tipos de máquinas:
Máquinas simples
Máquinas complexas
A panca é a máquina máis simple que existe. Consta de dúas pezas: un brazo e un punto de apoio.
Utiliza a enerxía que se lle aplica nun dos extremos do brazo para erguer ou mover pesos situados no outro extremo
Hai máquinas que teñen moitas pezas encaixadas. Por exemplo, os motores. Un motor sérvese da enerxía eléctrica ou da enerxía que proporciona un combustible ao arder para producir un movemento.
Con este vídeo podes aprender máis sobre as Máquinas Simples, concretamente sobre as Palancas
Os electrodomésticos: Nos nosos fogares adoita haber máquinas que nos axudan a facer reparacións, a cociñar e a conservar alimentos, a lavar e coidar a roupa, a limpar a casa, a acadar benestar ou a gozar do noso tempo de ocio.
Case todas as máquinas utilizan enerxía eléctrica e, por iso chámanse electrodomésticos.
AS MÁQUINAS:
As máquinas están moi presentes na nosa vida. Os utensilios máis cotiáns e que utilizamos con máis frecuencia son máquinas, por exemplo: as tesoiras, o sacapuntas,...
Como xa estudamos este tipo de máquinas denomínanse "máquinas simples". Non entanto tamén utilizamos con moitísima frecuencia as "máquinas complexas", por exemplo: a televisión, a wii, o coche,...
Para que podades profundar un pouco máis no tema das máquinas simples recoméndovos as seguintes páxinas.
Ao longo da historia, as persoas fomos inventando ferramentas e instrumentos para traballar con maior facilidade que usando só as nosas mans.
Ao mesmo tempo, foron xurdindo novos traballos que necesitaron desenvolver novos utensilios.
Cada actividade ten as súas ferramentas.
Calquera traballo que imaxines ten as súas ferramentas e instrumentos característicos para realizar as súas tarefas.
Moitos deles son máquinas que permiten desempeñar as tarefas de maneira máis fácil, máis rápida, máis segura.
Ferramentas e instrumentos característicos:
da agricultura, da gandería e a pesca
Os agricultores utilizan:
Ferramentas manuais como as pas, os angazos, as mangueiras, as tesoiras de podar, ...
Colleitadoras, tractores con arados, sementadoras, distribuidoras de fertilizante,...
Os gandeiros utilizan:
Rapadoiras eléctricas para cortar a la.
Muxidoiras que recollen o leite.
Dispensadores de penso para a alimentación dos animais que están en cortes,...
Os mariñeiros utilizan:
Utensilios para capturar peixes, como os anzois, as redes, os palangres, ...
Cabrestantes motorizados para levantar as redes e outras cargas.
Detectores de sonar para localizar bancos de peixes, ...
... da construcción e da industria.
Nas obras utilízanse:
Ferramentas manuais como espátulas, carretillas, picos, mazos, pas, ...
Guindastres para levantar cargas ata lugares altos, ...
Perforadoras, formigoneiras, equipos de soldadura, ...
Nas industrias utilízanse moitas máquinas e ferramentas manexadas polos traballadores. Por exemplo:
Ferramentas manuais: chaves, desaparafusadores.
Máquinas mois especializadas como as cortadoras, os tornos, as envasadoras, ...
Algunhas industrias teñen robots totalmente automáticos que non necesitan persoal que os manexe.
Por exemplo, hai cadeas de montaxe de automóbiles con máquinas capaces de encaixar e pintar complentamente un coche sen que ningunha persoa interveña no proceso.
Utensilios para traballar (2)
O traballo de antes.
Antigamente, o traballo realizábase con utensilios moi básicos. As máquinas eran simples e utilizaban a forza humana, a de animais domésticos, a enerxía do vento ou de correntes de auga.
O traballo era lento e pesado.
O traballo na actualidade.
Na actualidade, traballamos con utensilios moito máis complexos, potentes e precisos. As máquinas utilizan a enerxía eléctrica ou a que se obtén ao queimar combustibles como a gasolina, o gasóleo, o gas, ..
O traballo é moito más rápido, fácil e eficaz.
Ferramentas e instrumentos característicos ...
... do transporte de mercancias e de pasaxeiros:
No transporte por auga utilízanse:
Barcos grandes e veloces.
Guindastres e cabrestantes para levantar contedores moi pesados.
Sistemas de navegación e radares.
No transporte aéreo e espacial utílizanse:
Avións e helicópteros moi rápidos e de gran capacidade.
Foguetes e transbordadores capaces de transportar satélites ou persoas ao espazo, ...
Vías de comunicación de gran capacidade, como as redes de ferrocarril ou as de estradas.
... de investigación científica e de medicina.
Os biólogos e químicos utilizan:
Microscopios para observar detalles diminutos dos seres vivos.
Analizadores de substancias para saber de que están compostas as cousas
Os médicos utilizan:
Sistemas para observar o interior do corpo, como os escáneres, os ecógrafos, ...
Respiradores, corazóns artificiais, ...
Instrumento cirúrxico.
Os físicos e xeólogos utilizan:
Telescopios para observar o universo.
Naves espaciais para observar a Terra e outros planetas.
Sismógrafos para detectar terremotos.
Utensilios para a comunicacióin e para o lecer.
A comunicación e os inventos.
Unha das actividades humanas máis importantes é a comunicación, é dicir, o intercambio de información.
Por iso, moitos inventos desenvolvéronse para mellorala e, sobre todo, para poder comunicarnos a distancia.
Grazas a estes inventos, a comunicación pode realizarse de maneira máis rápida e a distancias enormes.
Utensilios para a comunicación:
A radio
A televisión
Un emisor de radio utiliza a electricidade para transformar os sons en sinais que envían a distancia.
O receptor de radio recibe eses sinais e transfórmaos de novo en sons.
Funciona de maneira similar á radio, cun emisor e un receptor. En cambio, é capaz de enviar e recibir, ao mesmo tempo, imaxen en movemento e sons.
RADIO: Aparato que recibe esas ondas e trasfórmaas en son que poden ser escoitado.
O teléfono
Internet e os ordenadores.
Os teléfonos permiten falar a distancia. Os fixos intercambian os sinais de voz a través dun cable. Os móbiles intercambian sinais de voz, de imaxe ou doutros datos sen cables.
Internet é unha rede formada por moitos ordenadores conectados entre sí. Isto permite intercambiar información de todo tipo, a enormes distancias e de forma moi rápida.
O tempo de lecer e os inventos.
O ser humano tamén inventou numerosos utensilios co único propósito de gozar do tempo libre.
Estes utensilios foron desenvolvéndose a medida que invetabamos novos deportes, xogos e outras actividades coas que entreternos, educarnos ou divertirnos. Algúns deles son moi complexos.
Utensilios para o lecer:
Dispoñemos de utensilios para crear pinturas, esculturas, fotografías, cine, música, ..
Utilizamos balóns, raquetas, esquís, parapentes, motocicletas, coches de carreiras, ...
Temos consolas de videoxogos, xoguetes mecánicos ou electrónicos, ...
Hai ordenadores conectados a internet, televisores, receptores de radio, equipos de música, ...
RESUMO DO TEMA:
UTILIZAMOS FERRAMENTES E OUTROS INVENTOS
Ferramentas, instrumentos, máquinas
Utensilios para o traballo
Utensilios para a comunicación e o lecer
As persoas inventamos utensilios para realizar as nosas actividades.
Son as e os instrumentos.
Moitos deles son , é dicir, conxuntos de pezas combinadas que utilizan para desempeñar algunha función.
Calquera traballo ten os seus utensilios característicos. Moitos son máquinas que fan que o traballo sexa máis .
Antigamente as máquinas para o traballo utilizan a enerxía da . Na actualidade, utilizan a enerxía .
Os principais inventos que melloraron a comunicación son a , a , o e internet.
Tamén desenvolvemos inventos para gozar de actividades de tempo de lecer. Por exemplo: , ,
,
Busca o significado de:
angazo:
cabrestante:
guindastre: .
espátula:
ferramenta:
máquina:
Aprende a ser bo cidadán:
Case toda a enerxía que utilizamos procede do petróleo ou dos seus derivados: a gasolina, o gasóleo, o propano, o butano ... Usamos estes combustibles nos nosos fogares e vehículos e para producir electricidade.
Pero ao queimar estes combustibles, xeramos gases que contaminan a atmósfera. Ademáis, o petróleo esgotarase dentro dunhas décadas. Isto fai que se estean comenzando a utilizar outras fontes de enerxía. Por exempo:
A enerxía solar: utiliza a luz e a calor do Sol para producir electricidade ou para quentar.
A enerxía eólica: utiliza a forza do vento para producir electricidade.
A enerxía non é gratis. Custa moito diñeiro producila e levala ás nosas casas.
Cada mes ou cada dous meses, as empresas que nos subministran electricidade e gas enviánnos un recibo nos que nos explican canta enerxía consumimos e canto vai custar.