O corpo da maioría das plantas componse de tres partes: raíz, talo e follas. Só algunhas plantas moi sinxelas, como o mofo, carecen delas
Cada unha destas partes tn as súas funcións.
A raíz. Serve para fixar a planta ao terreo e para absorber auga e outras substancias do solo.
O talo. Sostén a planta. Está cheo duns conductos polos que circulan a auga e as substancias nutritivas que chegan a todas partes da planta.
As follas. Nelas, a planta fabrica os seus alimentos.
Así se alimenta unha planta.
Xa sabes que todas as plantas son capaces de fabricar os seus alimentos. Fano sempre mediante dous procesos:
Absorción de substancias. A planta toma auga e sales minerais do solo a través da súa raíz. Estas substancias soben polos conductos do talo ata as follas. A planta tamén obtén dióxido de carbono do aire polas follas.
Fotosíntese. Ten lugar nas follas. Consiste en que a planta utiliza a enerxía da luz solar para fabricar alimentos a partir das substancias que absorbe.
Así se reproduce unha planta.
Para reproducirse, as plantas producen flores. Só algunhas, como os mofos ou os fentos, non o fan.
As plantas florecen cando se van a reproducir. Isto sucede normalmente na primavera.
As partes dunha flor son a corola, o cáliz, os estames e o pistilo.
Cando a planta se reproduce, o pistilo medra e cambia de aspecto. Transfórmase nun froito con sementes no seu interior.
De cada semente pode nacer unha nova planta.
Partes dunha flor:
A flor é un órgano reproductor de certas plantas que produce os frutos, que encerran as sementes.
A planta e o seu funcionamento:
Tipos de plantas
Árbores, arbustos e herbas.
Hai moitas plantas diferentes. Para clasificalas podemos fixarnos, por exemplo, no seu talo. Así hai tres tipos:
Árbores. Teñen un único talo, chamado tronco, groso e duro, que se ramifica a certa altura do solo.
Arbustos: Teñen un ou máis talos duros, que se dividen en moitas polas moi preto do solo.
Herbas: Teñen talos verdes, delgados e flexibles.
As plantas no seu medio. A vexetación
Cada zona do planeta ten certos tipos de árbores, arbustos e herbas. En cada rexión, as plantas teñen características especiais que lles permite sobrevivir nese lugar.
A vexetación dunha zona é o conxunto de plantas que poboan esa rexión e que están adaptadas para sobrevivir nela.
Algúns medios e as súas plantas características:
As zonas temperadas e húmidas
Carballo
Espiño
Fieito
As zonas cálidas e secas.
Aciñeira
Xesta
Macela
As illas Canarias
Piñeiro Canario
Cardos e Tabaibas
Alelí do Teide
As zonas próximas a auga.
Freixo
Tamargueira
Carrizo
A vexetación en Galicia.
Galicia posúe unha vexetación abundante e variada.
Nos bosques atlánticos, próximos ao mar, chamados fragas, podemos encontrar árbores como o carballo, o bidueiro e o castiñeiro. Xunto a todos eles, crecen herbas como fieitos e prados, e arbustos como toxos e silvas.
Carballo
Bidueiro
Castiñeiro
Fieitos
Toxos
Silvas
Fraga Galega
Na zona costeira tamén abundan o piñeiro e o eucalipto
Piñeiro
Eucalipto
Nos bosques do interior, nas montañas altas do leste e sureste, chamados devesas, crecen outro tipo de árbores, como a aciñeira, a faia e o teixo, e arbustos como a xesta e o breixo.
Aciñeira
Teixo
Faia
Xesta
Breixo
Xunco
Devesagalega
Amieiro
Freixo
Salgueiro
Estudamos unha planta.
Como se estuda unha planta?
Igual que no caso dun animal, se queremos estudas unha planta, debemos ter en conta varios aspectos importantes dela. Por exemplo:
Como son as partes das que se compón. Describiremos a súa raíz, o seu talo, as súas follas e, se os produce, as súas flores, os seus froitos e as súas sementes.
Como vive. Explicaremos como medra, en que época do ano lle saen as flores e os froitos, se os ten, se perde as follas en outono ou non, ...
Onde vive. Comentaremos en que zonas da Terra podemos atopala, en que tipo de ambiente medra mellor, que outras plantas adoitan vivir xunto del
Os xardíns botánicos.
Moitas plantas medran en sitios tan afastados que nos as poderíamos coñecer. Desde hai moitos séculos, os exploradores trouxeron plantas e sementes desas zonas, para replantalas e expoñelas nuns lugares especialmente preparados, chamados xardíns botánicos.
Un xardín botánico é un lugar, ao aire libre ou fechado, no que se expoñen plantas, e onde se recrean as condicións ambientais da zona en que vivían.
Nos xardíns botánicos recréanse as condicións dunha selva, dun deserto, dun bosque, etc.
Xardín botánico
O bosque en Galicia.
Estudamos unha planta: a roseira
.
1. Así son as súas partes.
A raíz: É profunda e esta moi ramificada.
O talo: É leñoso ee esta mmoi ramificado a partir da base (é dicir, a roseira é un arbusto). As pólas da parte superior son verdes e tenras; as da parte inferior, marróns e máis leñosas.Talos e pólas están cubertos por espiñas moi agudas e curvadas.
As follas. Son de cor verde escura, ovais e co bordo serrado, é dicir, con dentes parecidos aos dunha serra
As flores. Son brancas ou rosadas, con numerosos estames amarelos, cinco pétalos na corola e cinco sépalos no cáliz.
Os froitos. Son ovais e de cor vermella alaranxada. Chámanse bagas.
As sementes: son pequena, ovais e de cor crema.
2.- Así é a súa vida.
Florece entre maio e xuño. Os froitos maduran ao final do verán e prermanecen na planta todo o outono.
Perde as follas no outono e agroma entre marzo e abril.
Os seus inimigos son os pulgóns (pican os brotes para zugar zumes), as eirugas de varias bolboretas (comen as follas) e a araña vermella (pode chegar a matar a roseira.
3.- Aquí vive.
Pódese atopar en rexións temperadas. En España é moi abundante en case todo o territorio.
Abunda nos vales altos, sollados e húmidos, con solos ricos en substancias e poboados por bosques de carballos.
. Repaso:
Las plantas
Las plantas y sus partes
Conocemos las plantas: partes de una flor
¿Cómo crece una planta?
Clasificación de las hojas
Juego: La vida secreta de los árboles
El reino vegetal
Plantas: reproducción, clasificación y nutrición.
Las plantas
CAMBIA EL COLOR DE UN CLAVEL
LAS PLANTAS
RESUMO:
As plantas
As plantas así son e así viven
Os tipos de plantas e os seus medios
Estudamos unha planta
Case todas as plantas teñen tres partes:
.
Realizan a
, na que utilizan a luz do Sol para fabricar alimentos a partir de , minerais ede .
Para reproducirse moitas teñen .
Segundo o tipo de talo, hai:
o seu talo, que é e chámase
: os talos son e preto do solo.
: os seus talos son , delgados e .
Para estudar unha planta podemos fixarnos en:
Unha boa maneira de observar plantas e acadar información sobre elas é visitar un e tomar notas.
Contesta:
Teñen todas as plantas raíz, talo e follas?
Existe algunha planta que non produza flores?
Que é a fotosíntese?
Que parte da flor se transforma en froito?
Describe os talos dun arbusto e dunha herba:
Como é a vexetación nas paisaxes dos bosques atlánticos?
E nos bosques do interior de Galicia?
Cita catro aspectos importantes que deben figurar no estudo dunha planta:
, , , .
En que se diferencia un xardín botánico e un xardín normal?
Escribe a definición de:
froito:
fotosíntese:
flor:
Raíz:
Que función desempeña a raíz na nutrición dunha planta?
En que partes se leva a cabo a fotosíntese?
Para que serven as flores?
Nomea e describe as partes dunha flor típica:
Que é a vexetación dunha zona?
APRENDO A SER BO CIDADÁN. Incendios forestais.
Todos os anos, centos de miles de plantas se queiman no noso país debido aos incendios forestais. É unha gran perda e un perigo.
Ás veces, estes incendios prodúcense de forma natural, por exemplo, pola caída de raios durante as tormentas. Pero case sempre somos as persoas as responsables destes lumes.
As causas dos incendios son:
Facer lume no monte. Calquera fogueira no monte, pódese descontrolar e estenderse, sobre todo en días ventosos.
Abandonar botellas baleiras. As botellas de cristal poden concentrar os raios do sol sobre a herba seca e producir lume.
Incendiar de forma intencionada. Aínda que non o creas, hai quen incendia os montes a propósito para obter algún beneficio.