Vocabulario básico das partes do corpo : A cabeza:
A cabeza, cachola, testa (la cabeza)
As tempas, as vidallas, os sens (las sienes)
As cellas (las cejas)
As pálpebras (los párpados)
O nariz, o fuciño (la nariz)
Os dentes (los dientes)
Os beizos, os labios (los labios)
As meixelas, os carrillos (las mejillas)
Os ollos (los ojos)
As moas (las muelas)
O pescozo, o colo (el cuello)
A gorxa (la garganta)
A lingua (la lengua)
O cabelo, o pelo (el cabello)
As pestanas (las pestañas)
Pencas, pintas (pecas)
O tronco:
O peito (el pecho)
As costas, o lombo (la espalda)
O espiñazo (la columna)
Os cadrís (los riñones)
O cu (el culo)
O embigo (el ombligo)
O ventre, a barriga, o bandullo (el vientre)
Brazos e pernas:
Os brazos (los brazos)
Os ombros, os ombreiros (los hombros)
As unllas (las uñas)
O pulso (la muñeca)
O cóbado (el codo)
O puño (el puño)
As mans (las manos)
Os dedos (los dedos de la mano)
As dedas (los dedos de los pies)
As nádegas (las nalgas)
O calcaño, calcañar (el talón)
Os xeonllos (las rodillas)
As coxas (las pantorrillas)
As pernas (las piernas)
As canelas, os nocellos (los tobillos)
Os pés (los pies)
O Noso corpo por fóra.
A pel e a forma do corpo.
A pel dos seres humanos é dunha cor que varía entre crema e marrón máis ou menos escura. Ten algo de pelo: o cabelo e a peluxe corporal.
O noso corpo consta de cabeza, tronco e extemidades.
A nosa cabeza é grande.
A cabeza contén o noso gran cerebro. A súa parte superior esta cuberta por cabelos, cuxa cor varía entre negro, gris, castaño e louro.
A cara é frontal, cos ollos dirixidos cara adiante, o que nos dá unha visión moi precisa. A cor dos ollos pode ser negra, azul, verde ou marrón, e a forma, redondeada ou máis alongada, o que chamamos ollos esgazados.
Na boca temos unha dentadura que nos permite masticar calquera tipo de alimento, somos omnívoros.
O noso tronco é flexible.
Camiñamos erguidos, polo que o tronco está en posición vertical. Podemos xirar a cintura e facer movementos flexibles co torso e cos ombros.
As nosas extremidades son longas e áxiles.
Os brazos. Rematan en mans con cinco dedos. O polgar é opoñible, é dicir, podémolo colocar enfrontado aos outors dedos. Isto permítenos agarrarnos e coller os obxectos con gran precisión.
As pernas. Son fortes e camiñamos sobre elas; é dicir, somos bípedes. Rematan nuns pés que tamén teñen cincodedas.
Nenas, nenos, mulleres e homes.
O corpo das nenas e o dos nenos é case igual, agás polos xenitais: nas nenas é a vulva; nos nenos, o pene e os testículos.
O corpo das mulleres ten menos peluxe que o dos homes. As mulleres, ademáis, teñen mamas que, tras un parto, producen leite para alimentar os nenos acabados de nacer.
Os nosos ósos e os nosos músculos.
O esqueleto.
Dentro do noso corpo hai unha armazón formada por partes duras e ríxidas; son os ósos. Podes notalos nas canelas, nos cóbados, na cabeza, ...
O esqueleto é o conxunto de ósos que hai no interior do noso corpo. Temos 202 ósos.
Protexer os órganos vitais do noso corpo, como o cerebro, o corazón ou os pulmóns.
O aparato locomotor.
O aparato locomotor está formado polo esqueleto e polos músculos que se unen aos ósos e os recobren. Sérvenos para desprazarnos, xesticular, falar, respirar, ...
O esqueleto está composto polos ósos, que son necesarios para mover o corpo. Pero os responsables directos dese movemento son os múculos. Así que aquí tes diversos enlaces para aprender cousas do noso aparello locomotor. Están ordenados de fácil a máis complicado, pero ti es capaz de todo… Ou non?
Para realizar a nutrición, contamos con catro aparatos:
O aparato dixestivo ocúpase de dixerir os alimentos, é dicir, mastigalos, tragalos, transformalos , extraer deles as substancias nutritivas e expulsar o que non serve.
O aparato respiratorio encárgase de respirar; é dicir, de tomar aire para extraer o osíxeno e expulsar o dióxido de carbono que producimos.
O aparato circulatorio encárgase de transportar substancias por todo o corpo mediante o sangue.
O aparato excretor serve para expulsar do noso corpo as substancias de refugallo, en forma de orina e suor.
A función de reprodución.
As persoas temos un aparato reproductor que nos permite ter descendentes. Os aparatos reproductores do home e da muller son diferentes.
A función de relación.
Na nosa función de relación interveñen, entre outros:
Os órganos dos sentidos encárganse de notar os cambios no medio. Son os ollos, os oídos, a pel, ...
O sistema nervioso controla todo o que pasa dentro e fóra do noso corpo. Recibe información dos sentidos e manda ordes aos demais aparatos.
Somos animais moi especiais.
Xa sabes que os seres humanos somos animais. Se tivésemos que dicir que tipo de animais somos, teriamos que analizar algunhas das nosas características. Así:
Temos un esqueleto de ósos con columna vertebral.
Temos pelo na pel, somos vivíparos e as nais teñen mamas que producen leite para os seus bebé
Os seres humanos somos mamíferos, é dicir, pertencemos ao mesmo grupo que os cans, os gatos, as baleas, os elefantes, os cervos, os gorilas, ...
Que tipo de mamíferos somos?
De todos os mamíferos, os máis parecidos a nós son os lémures, os titís, os monos, os orangutáns, os gorilas, os chimpancés, ... Todos eles, xunto co ser humano forman o grupo dos primates.
Coma eles, temos cara cos ollos adiante, mans nas extremidades superiores, uñas planas, cerebro grande, ...
Que nos diferencia doutros animais?
Os seres humanos temos características que nos diferencian dos primates e que son exclusivas da especie humana. Son estas:
Temos menos pelo na pel que os demais primates.
Camiñamos sempre sobre as nosas pernas e erguidos. Ningún outro primate o fai.
Só temos mans co polgar apoñible nos brazos. As nosas pernas rematan en pés. Os demais primates teñen catro mans.
As nosas mans son moito máis axiles, sensibles e precisas que as de calquera outro primate.
Temos na garganta unhas cordas vocais coas que podemos producir sons moi variados e falar.
O noso cerebro está moito mías desenvolvido que o de calquera pirmate. Permítenos ter unha linguaxe moi rica, estudar e aprender, comprender o mundo, crear obras de arte, inventar, imaxinar, facer bromas, ...
Os teus compañeiros e compañeiras da clase son diferentes uns doutros. Ás veces, moi diferentes.
Ti tamén es único e distinto dos demais.
Ser diferente é algo que nos pasa a todos. Cres que hai motivos para molestar ou non deixar xogar a un compañeiro ou compañeira só porque sexa diferente a ti?
Actividades:
Así somos as persoas
O noso corpo por fóra
O noso aparato locomotor
As nosas funcións vitais
Somos animais moi especiai
Temos:
Unha cabeza grande cun gran
Un flexible e erguido.
longas e áxiles. As superiores acaban en
Está formado por dous elementos:
O que mantén a nosa forma e os nosos órganos.
A que produce os do corpo.
Para realizalas temos varios aparatos:
Os humanos somos vertebrados, e .
Diferenciámonos dos outros primates porque:
Temos
Podemos .
Describe a cabeza dunha persoa:
Por que dicimos que somos bípedes?
Que partes do corpo humano poden ser de diferentes cores?
Nalgunhas etapas da nosa vida non somos bípedes. En cales?
Explica como funciona o aparato locomotor.
Nomea dous ósos do brazo, dous da perna e dous do tronco:
Menciona catro músculos do corpo e di onde están:
Que aparatos interveñen na función de nutrición?
Para que serve o sistema nervioso?
Explica como se relacionan os órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparato locomotor:
Que animais inclúe o grupo dos primates?
Cita tres características dunha persoa que a diferencien doutro primate:
Que características compartimos os seres humanos e os cans?
Por que un gorila non pode falar e unha persoa si?
Explica para que nos serven:
O polgar opoñible:
O aparato locomotor:
O aparato dixestivo:
O aparato excretor:
Por que dicimos que somos mamíferos do grupo dos primates? O aparato excretor:
Que órgano hai dentro do cranio? O aparato excretor:
Que músculos fan que un brazo se dobre e se extenda? O aparato excretor:
As persoas: así somos e así vivimos:
ESQUELETO
O esqueleto é o conxunto dos ósos que teñen as persoas e os animais vertebrados.
MUSCULATURA: É o conxunto de músculos que hai no interior do noso corpo.
O APARATO DIXESTIVO: É o conxunto de órganos (boca, farinxe, esófago, estómago, intestino delgado e intestino groso) encargado de masticar os alimentos, tragalos, transformalos, extraer deles as sustancias nutritivas e expulsar o que non serve,
O APARATO RESPIRATORIO: O aparato respiratorio é o conxunto dos bronquios, os pulmóns e o intercambio gaseoso. Encárgase de respirar, é dicir de tomar aire para extraer o osixeno e expulsar o dióxido de carbono que producimos.
Contesta:
Cantos órganos tes no teu corpo? Responde na táboa:
Órganos
Cantidade
Órganos
Cantidade
Extremidades
Cerebros
Dedos
Oídos
Ollos
Línguas
Narices
Estómagos
Corazóns
Pulmóns
O ser humanos é un animal bípedo, e o cabalo, cuadrúpedo. Que significa ser bípedo e cuadrúpedo. Escribe dous exemplos máis de animais cuadrúpedos:
Busca información no teu libro e completa esta táboa:
Nomea catro ósos das extremidades
Nomea tres ósos situados no tronco
Escribe os nomes de dous ósos da cabeza
Nomea tres músculos das extremidades
Nomea dous músculos do tronco
Di que aparatos e que órganos do ser humano se encargan de expulsar ao exterior as substancias de refullo:
Ouriños:
Dióxido de carbono:
Amplia coñecementos:
Observa a fotografía. É a dentadura dunha persoa adulta.
a) Son iguais todas as pezas dentais?
Cantas clases de dentes temos?
b) Que quer dicir que o ser humano é omnívoro?
Infórmate sobre que son os tendons. Escribe un texto no que se nomeen as funcións que realizan:
No teu corpo hai un músculo moi importante, o diafragma. Localizao e di que función fai.
Seguro que nalgunha ocasión oíches falar que hai que tomar alimentos ricos en calcio. Infórmate sobre a importancia do calcio na alimentación e escribre a información que recollas e algúns
alimentos ricos en calcio: