Grazas ao noso cerebro, as persoas podemos coñecer a natureza e os seus cambios. Dicimos que estudamos a natureza. Para iso, utilizamos a ciencia.
Un estudo científico segue un método con tres etapas: facerse preguntas, observar e dar respostas.
Facerse preguntas: Unha vez escollido aquilo que queremos estudar, podemos preguntarnos que é, como é, por que acontece, de onde procede, como cambia, para que pode servir, ..
Observar: a observación achéganos información que nos axudará a responder as preguntas que nos fixemos. Como veremos, para poder realizar unha observación , necesitamos efectuar probas práctica que chamamos experimentos.
Un experimento é unha proba que se fai nunhas condicións controladas, co fin de observar algo.
Dar respostas: Ao observar, obtemos información sobre aquilo que estudamos. Esta información utilízase para responder as preguntas que nos fixemos. Moitas veces conséguese, pero outras non. Hai preguntas que aínda non se resolveron.
Que se fai nun experimento?
Para que un experimento achegue información válida, é fundamental levar a cabo dúas actividades:
- Documentar as observacións. Consiste en anotar, debuxar ou fotografiar aquilo que observamos.
- Medir. É comparar unha propiedade de algo que estudamos cunha unidade desa propiedade, para ver cantas veces a contén.
Mido algunhas propiedades.:
A lonxitude
Para determinar o longo que é un obxecto, eleximos unha unidade de lonxitude e comparamos a lonxitude do obxecto coa unidade de lonxitude.
O tempo
Se queremos determinar o tempo que tarda en suceder algo, eleximos unha unidade de tempo e comparamos a duración do que ocorre coa unidade de tempo.
Experimentamos cos cambios de estado.
A auga e os seus cambios de estado.
Xa sabes que a auga se atopa na natureza en tres estados: sólido, líquido e gasoso. No estado sólido chamámoslle xeo, e no estado gasoso, vapor de auga.
OS ESTADOS DA AUGA
ESTADO LÍQUIDO
A auga en estado líquido es la que bebemos, a que atopamos nos ríos, nos mares e océanos, nos lagos, nas forntes, nos acuíferos (aguas subterráneas), a que sae da billa, etc...
ESTADO SÓLIDO
A auga en estado líquido, cando enfríase e chega aos 0º C de temperatura, pasa ao estado sólido.
A auga en estado sólido atopámola en forma de xeo ou neve nas altas montañas, no Polo Norte e no Polo Sur, no refrixerador en forma de cubos de xeo, nas tormentas en forma de saraiba, etc...
O xeo e a neve, cando se quentan, cambian do estado sólido a líquido.
ESTADO GASOSO
A auga en estado líquido, ao quentarse, evapórase e pasa ao estado gasoso, ou sexa, transformase en vapor de auga.
O vapor de auga é un gas.
O vapor de auga é incoloro e inodoro, por lo que no no podemos ver.
As nubes e o vaho blanco que sae dunha pota ao ferver, non son vapor de auga, senón pequenas gotas de auga líquida que se producen cando o vapor de auga se condensa ao enfriarse.
As nubes, a néboa, on fenómenos meteorolóxicos que fan visible o vapor de augua que hai na atmósfera cuando éste se enfría e pasa ao estado líquido.
*CONDENSACIÓN: Cambio dun gas a líquido ou sólido.
Tamén sabes que a auga pode pasar dun estado a outro. Por exemplo, se metes auga líquida no conxelador, xéase. Se sacas o xeo do conxelador, lentamente volve a converterse en auga líquida. Se se pon auga líquida a quentar no lume, pasará ao estado de vapor.
Destes cambios, aprenderemos catro: a evaporación, a condesación, a solidificación e a fusión.
A evaporación é o proceso que fai que a auga líquida se transforme en vapor de auga.
A condensación é o proceso que fai que o vapor de auga se transforme en auga líquida.
A solidificación é o proceso que fai que a auga líquida se transforme en xeo.
A fusión é o proceso que fai que o xeo se transforme en auga líquida.
Estes cambios teñen lugar cando arrefriamos ou quentamos auga. Así:
A evaporación prodúcese ao quentar auga líquida.
A condensación prodúcese ao arrefriar o vapor de auga.
A solidificación prodúcese ao arrefriar auga líquida.
A fusión ten lugar ao quentar o xeo.
CAMBIA A AUGA ?
A auga atópase na natureza en tres formas ou estados diferentes.
-En estado sólido, como o xeo, a saraiba ou a neve. Se queres comprobalo enche de auga unha bandexa das que se usan para formar cubitos de xeo, mete a bandexa no conxelador e saca a mañan seguinte.
-En estado líquido, como a auga que consumimos e a auga dos mares, ríos e lagos.
-En estado gasoso, cuando forma as nubes ou o vapor que sae da agua fervendo.
O CICLO DA AUGA NO NOSO PLANETA.
Os cambios de estado na natureza
Debido á calor do Sol, na natureza prodúcense continuos cambios de estado da auga:
A evaporación. O Sol quenta as augas líquidas superficiais; o vapor resultante pasa á atmosfera.
A condensación. O vapor de auga arrefría na atmosfera e forma as gotas de auga nas nubes.
Solidificación. As gotas de auga líquida das nubes arrefrían moito e orixinan xeo (neve e saraiba).
Fusión. O Sol quenta a neve caída e esta transfórmase en auga líquida.
Que é o ciclo da auga?
Os cambios de estado fan que se produza un intercambio de auga entre varias das capas da Terra. O resultado é que a auga circula por elas.
O ciclo da auga é a circulación continua da auga pola hidrosfera, a atmosfera e a codia terrestre.
Consta de catro procesos:
O paso do vapor de auga a atmosfera.
A formación de nubes.
As precipitacións.
O tránsito da auga pola codia terrestre.
RESUMO O APRENDIDO
EXPERIMENTO: Proba que se fai para estudiar, obsevar e averiguar algo.
CONDENSACIÓN: Acondensación é o proceso que fai que o vapor de auga se transforme en auga líquida.
:
EVAPORACIÓN: A evaporación é o proceso que fai que a auga líquida se transforme en vapor de auga.
SOLIDIFICACIÓN: As gotiñas de auga líquida enfríanse e orixinan xeo, neve ou saraiba.
FUSIÓN: A fusión é un proceso no que a auga sólida se quenta e se transforma en auga líquida.
Visitade a seguinte páxina que fala sobre o Ciclo da Agua e facede as actividades que se propoñen.
Outros recursos que podedes utilizar son os seguintes (son unha selección dos que aparecen na páxina para axudarnos no noso traballo).