.
.
.
CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3º Curso
 
TEMA 11: Realizamos traballos.:

 

 

 
 

Traballos para obter produtos naturais.

 
Os produtos naturais.
 
Os produtos naturais son aqueles que proporciona directamente a natureza, con ou sen intervención das pesoas.

Os produtos naturais obtéñense da agricultura, a gandería, a pesca, a minería e a silvicultura.

 

A agricultura e a gandería.

A agricultura é o cultivo da terra para obter produtos agrícolas: cereais, froitas e hortalizas. Pode ser de secano, se só se emprega a auga da chuvia para regar as plantas, ou de regadío, se se utiliza rega artificial.

A gandería é a cría de animais, en cortes ou ao aire libre, para obter produtos gandeiros: carne, leite, ovos, etc. Pode ser bovina, se cría vacas; ovina, se cría ovellas; avícola, se cría aves.

   
 
1.-Trabajamos en el campo.
2.-Paisajes agrarios. La agricultura.
3.-Paisajes agrarios. La ganadería.
4.-Paisajes agrarios. El ganado.
   
A pesca.

A pesca consiste na captura ou na cría de animais acuáticos. Obteéñense distintos tipos de produtos pesqueiros: peixes, mariscos, esponxas e algas.

A que se realiza no río, chámase pesca fluvial. A que se leva a cabo no mar coñécese como pesca marítima.

A pesca marítima pode ser de baixura, se para iso se empregan pequenos barcos preto da costa, ou de altura, se a realizan grandes barcos moi lonxe da costa.

 
A minería e a silvicultura.

A minería consiste na extración de rochas e minerais do interior da Terra: ferro, aluminio, granito, mármore, sal, etc

A silvicultura consiste no coidado dos bosques para obter produtos naturais como a madeira, a cortiza, a resina, etc.

 
As tarefas máis importantes cos produtos naturais:
Na agricultura
Na gandería
Na pesca
Na minería
Na silvicultura
Preparar a maquinaria e as ferramentas, remover o solo para plantar e sementar, regar, arrincar as malas herbas, fertilizar e recoller a colleita
Axeitar e manter limpos os recintos, alimentar e vacinar o gando, coidar das crías, e vixiar para que non se produzan enfermidades, comprar e vender no mercado, ...
Preparar as embarcacións e os útiles de pesca, saír ao mar ou aos ríos para colocar anzois ou lanzar redes e levar as capturas ao porto.
Escavar túneles e abrir canteiras para extraer minerais, metais ou rochas. Trasladar, logo, o material extraído aos lugares onde vai ser tratado.
Decidir que árbores poden ser cortados cada tempada, eliminar a maleza para evitar incendios e repoboar as zonas con especies axeitadas.
 
Unidad 11: Realizamos trabajos
Web interactivas
Jclic
La agricultura, la ganadería, la pesca, la minería...
 
 
 
 
Traballos para obter produtos elaborados.
 
Os produtos elaborados:
 
Os produtos elaborados son os que se obteñen a partir da transformación dos produtos naturais.

A transformación dos produtos naturais en produtos elaborados faise en talleres de artesanía ou en fábricas.

 
 
 
A artesanía.
 
A artesanía é a actividade realizada con produtos naturais para elaborar obxectos, a man ou con ferramentas sinxelas, que son únicos e distintos.

 

As persoas que practican esta técnica son os artesáns.

Son artesáns os carpinteiros, os oleiros ou ceramistas, os canteiros, os tecedores, os xoieiros, ...

   
Algúns artesáns e os materiais que utilizan:
Os carpinteiros
Os canteiros
Os oleiros
Os carpinteiros traballan a madeira para fabricar mobles, xoguetes, utensilios de cociña e outros obxectos.
Os canteiros tallan blques de pedra, como o granito ou o mármore, para obter pezas de construcción.
Os oleiros moldean a arxila e despois cócena e decórana. Así obteñen pratos, vasillas, cuncas, ...
 
 
A industria.
 
A industria é a actividade que fabrica miles ou millóns de obxectos, iguais uns a outros, utilizando máquinas automáticas.

 

Hai moitos tipos de industrias. Algunhas das máis importantes cítanse deseguido:

  • As industrias químicas. Hai moitos tipos: a que fai medicamentos, que é a farmacéutica; a que produce derivados do petróleo como a gasolina, os plásticos ou o alcatrán, que é a petroquímica; a que fabrica pinturas; a que fai produtos de limpeza.
  • As industrias de automoción. Constrúen vehículos: a navieira, barcos; a aeroespacial,a vións, helicópteros, foguetes, ...; a automobilística, coches, camións, ...
  • As industrias metalúrxicas. Obteñen metais a partir dos produtos extraídos das minas.
  • As industrias alimentarias. Producen e envasan alimentos elaborados a partir de produtos naturais. Por exemplo, unha fábrica de caramelos.
 
 
 
6.-Trabajamos en la industria
7.-Paisajes industriales. Cuestionario.
8.-Origen de las materias primas. Cuestionario.
9.-Tipos de industrias. Cuestionario.
10.-Fuentes de energía. Cuestionario
 
 
Unidad 11: Realizamos trabajos
Web interactivas
Jclic
La artesanía y la industria
 
 
 
Traballos en servizos.
 
Os servizos

Moitas persoas non traballan para obter produtos naturais ou elaborados, senón que realizan tarefas relacionadas co noso benestar ou as nosas necesidades. Traballan en servizos.

 
Os servizos son os traballos que cobren as necesidades sociais ou contribúen ao noso benestar.

Os traballadores de servizos utilizan materiais, ferramentas e vehículos axeitados a cada tarefa.

 
 
Traballos remunerados.

Un traballo remunerado é o que se desempeña a cambio de diñeiro. Recíbese un importe pola venda de produtos e servizos. Por exemplo:

  • Quen traballa para obter productos naturais consegue a súa remuneración pola venda do que obtén da terra, do gando, do mar.
  • Quen fabrica produtos elaborados, recíbea pola venda deses produtos.
  • Quen traballa en servizos ou empresas son remunerados, unhas veces por persoas ou empresas que necesitan o seu traballo, e outras veces, por organismos públicos, como concellos, ministerios, etc.
 
 
Traballos non remunerados.

Na nosa sociedade, moitas persoas fan traballos non remunerados, polos que non obteñen ningún diñeiro a cambio. Os máis importantes son:

  • Os traballos domésticos nas casas: a limpeza, a preparación da comida, o lavado e alisado da roupa, ... No fogar, é necesario establecer unha boa distribución das tarefas entre todos os membros da familia.
  • Os servizos sociais, realizados voluntaria e desinteresadamente por persoas que coidan enfermos ou axudan en situacións de urxencia. Ás veces, estas persoas agrúpanse en organización non gobernamentais (ONG).
 

 

 

 
 

 

RESUMO:

AS PERSOAS E O TRABALLO

-Traballos que obteñen produtos naturais: a agricultura que consiste en cultivar a terra para obter produtos vexetais (hai cultivos de regadío e de secaño), a gandería que consiste na cría e coidado de animais (ovina, bovina, porcina, caprina ou equina), a pesca que consiste en capturar peixe e marisco (marítima ou fluvial) e a minería que consiste en extraer minerais da terra.

-Traballos que proporcionan produtos elaborados a partir de materias primas ou doutros produtos: artesanía (en pequenos talleres) e industria (en fábricas) como alimentaria, téxtil, da construción, metalúrgica ou química.

-Traballos que ofrecen servizos a outras persoas: sanitarios, educativos, comerciais, bancarios, turísticos, de transporte, de comunicación, de lecer e cultura.

-Os voluntarios dan servizos aos demais a través de asociacións e organizacións sen recibir diñeiro a cambio

 
 
 

 

 
.