Desde que naciches ata agora, fíxose máis grande, e aínda ten que medrar moito antes de que te convertas nunha persoa adulta.
Os alimentos proporciónannos substancias para que medren os nosos corpos.
Porque necesitamos enerxía para vivir
O teu corpo estase movendo continuamente. Ao longo do día, andas, corres, saltas, estudas, xogas, pensas, ... Todas estas accións necesitan enerxía
Os alimentos proporciónnanos enerxía para realizar todas as nosas funcións vitais
Por que necesitamos previr enfermidades.
Para estar san, o teu corpo debe defenderse de infeccións e debilitacións que poden causar enfermidades.
Os alimentos proporciónnanos vitaminas, minerais e outras substancias que nos axudan a manter a nosa saúde e a defendernos de enfermidades.
Porque necesitamos auga.
A auga non nos alimenta. Pero necesitámola para vivir. Máis da metade do peso do noso corpo é auga. Forma parte da saliva, do sangue, dos músculos, ...
Perdemos auga continuamente, ao oriñar e ao suar.
Necesitamos repoñer auga que perdemos bebendo e tomando alimentos que conteñan moita auga.
Que tipos de alimentos hay?
Constructivos
Enerxéticos
Reguladores
Os alimentos constructivos proporciónnanos substancias que utilizamos para medrar e repoñer as substancias que gastamos ao realizar funcións vitais.
Conteñen proteinas.
Hai moitas proteínas nos legumes, na carne, nos peixes e no leite.
Os alimentos enerxéticos proporciónnanos enerxía. Conteñen hidratos de carbono, graxas ou ambas as cousas.
Os hidratos de carbono abundan nas fariñas, nos cereais, nas patacas, ...
As graxas atópanse no aceite, na manteiga, no touciño, ...
Os alimentos reguladores proporciónnanos vitaminas e minerais para que o noso corpo funcione ben e para previr enfermidades.
As vitaminas e os minerais atópanse, sobre todo, nas verduras, nas froitas e nos derivados do leite.
As verduras e as froitas, ademais conteñen moita auga, así como fibra, que nos axuda a evitar o estrenximento.
Unha alimentación sa.
Que temos para comer?
Cada persoa, dependendo da súa idade e da súa actividade física, necesita unha cantidade diferente de alimentos.
Non é o mesmo alguén que está medrando que alguén xa maior. Non necesita os mesmos alimentos quen fai moito exercicio que quen está todo o día sentado.
Unha dieta é o conxunto de alimentos e bebidas que unha persoa toma diariamente.
Que é unha dieta sa?
Unha dieta sa é a que contén unha cantidade axeitada de proteínas, hidratos de carbono, graxas, vitaminas, minerais e auga.
Segundo isto, hai que comer det todo nas cantidades axeitadas. Nin moito nin pouco.
E hai que beber auga, especialmente en épocas de calor e se se fai exercicio físico.
Unha dieta sa inclúe alimentos constructivos, enerxéticos e reguladores.
O coidado do teu corpo e da túa mente.
O exercio físico.
O exercicio físico fortalece os teus ósos e os teus músculos, e faite mais flexible e áxil.
Ademais, ao gastar enerxía, consómense graxas e prevense a obesidade.
O descanso e o sono.
O noso corpo cánsase, e o noso cerebro tamén. Non podemos estar continuamente activos porque nos esgotariamos.
Á túa idade, necesitas durmir, polo menos oito ou nove horas.
Durante o sono, reláxanse os músculos e regúlanse os latexos do corazón. O noso cerebro fixa as aprendizaxes e reforza a memoria.
O lecer creativo e o xogo.
O lecer é o tempo que non dedicamos ao traballo ou ao estudo.
Ese tempo libre pódese empregar en afeccións que estimulen a nosa creatividade, que nos fagan pensar e que nos divirtan, como xogar, pasear, ler, pintar, practicar deportes, música ou danza, ...
Ter amigos axuda a outras persoas.
Comprobouse que as persoas viven máis satisfeitas se teñen amigos cos que falar, xogar ou compartir afeccións.
Tamén se sabe que moitos mozos e adultos se senten máis felices se buscan a oportunidade de axudar a coidar persoas que o necesiten.
Falar dos nosos problemas.
Todas as persoas temos problemas máis ou menos importantes en diferentes etapas das nosas vidas: medos, preocupacións, enfados, ...
Falar deles con alguén de confianza dá seguridade e permite coñecer outras opinións.
Na nosa sociedade hai homes e mulleres especialistas en axudar a resolver certos problemas. Son os médicos, os psicólogos, os asistentes sociais ...
RESUMO:
Para ter boa saúde debemos ...
Coñecer os distintos tipos de alimentos
Alimentarnos adecuadamente
Coidar o noso corpo e a nosa mente
Segundo o que achegan, hai tres tipos de alimentos.
Constructivos. Achegan
.
. A
chegan
graxas ou
de
.
Reguladores. Achegan
, sales minerais e
Unha dieta é a que se compón dos alimentos que necesita cada persoa segundo a súa actividade.
Unha dieta sa contén unha cantidade axeitada de , hidratos de carbno,
, vitaminas,
e auga.
Para iso, debes:
Facer .
as horas necesarias.
Ter actividades de lecer e creativas.
Axudar os demais.
Actividades:
1.- Para que necesitamos os alimentos? .
2.- Que substancias conteñen os alimentos enerxéticos?
.
3.- Que líquidos cun gran contenido de auga expulsamos do noso corpo?
.
4.- Que é a dieta
.
5.- En que consiste unha dieta sa?
6.- Por que cres que debes inxerir máis auga en verán que no inverno?
7.- Que debes facer cos alimentos que sobran e vas consumir mais tarde?
.
8.- Que beneficios nos proporciona o exercicio físico?
.
9.- Cantas horas debe durmir unha persoa da túa idade?
.
10.- Que cres que fan os nosos músculos cando descansamos ou durmimos?
.
11.-Di que actividades realizas no teu tempo de lecer.
.
12.- Que substancias conteñen as froitas e por que é bo tomalas
.
13.- A que grupo de alimentos pertencen o pan e a pasta?
.
14.- Que acontece no noso corpo cando durmimos?
.
15.- Escribe o nome de tres alimentos ricos en proteínas:
16.- Se un día vas facer moito exercicio, que alimentos necesitarás na túa dieta?
.
17.- Que lle pode ocorrer a unha persoa que non fai exercicio físico?
.
18.- Fain un menu san.
Recorda:
Non comas máis do necesario.
Fai exercico físico.
Toma almorzos suficientes que che dean enerxía.
Non abuses das carnes con moitas graxas.
Utiliza os legumes como fonte de proteínas.
Evita as lambetadas, a repostería industrial e os refrescos azucrados.
Organiza o teu tempo de lecer.
Ler.
Desenvolver unha afección.
Xogar.
Escribir.
...
VITAMINIX Para saber mucho sobre los alimentos que tomamos.