.
.
.
CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
3º Curso
TEMA 9: Coñecemos cos sentidos.
 
Percibimos a materia e a enerxía.
 
Percibimos a materia.

Os seres humanos estamos compostos de materia, e rodeados de cousas materiais.

A materia é o que ocupa espazo e se pode pesar.

As cousas materiais son:

  • Naturais, se forman parte da natureza, como a auga, as rochas, e o aire.
  • Artificiais, se están fabricadas polo ser humano, como un lapis, un ladrillo ou un pastel.

Os nosos sentidos (a vista, o oído, o olfacto, o gusto e o tacto) permítenos coñecer as cousas materiais, o seu tamaño, e a súa forma, se están preto ou lonxe, ...

Percibimos a enerxía.

No universo ocorren fenómenos como a electricidade, a calor e a luz que nos chegan do Sol, o movemento dos astros, ...

Estes fenómenos son enerxía.

O noso corpo tamén utiliza enerxía; obtena a partir dos alimentos que tomamos.

A enerxía non se pode tocar, nin saborear, nin ulir, ... Pero coa nosa intelixencia podemos estudala e coñecer os cambios que provoca ao noso redor.

 
A enerxía non ocupa espazo nin se pode pesar. Percibímola porque orixina cambios na materia ou produce movementos.
Que detectamos cos nosos sentidos?
Coa vista
Co oído ou a audición
Co olfato
Co gusto
Co tacto
.
.
.
.
.

Coa vista percibimos a luz que ilumina as cousas. Así obtemos imaxes dos obxectos, que nos indican a súa posición, a súa forma, o seu tamaño, a súa cor, ...

Os órganos da vista son os ollos.

Co oído captamos os sons producidos polas cousas que se moven ou vibran. Ao recoñecer os sons, sabemos que os orixina, se teñen lugar preto ou lonxe, ..

Os órganos da audición son os oídos.

Co olfato percibimos substancias que están no aire e que chegan ata nós. Aasí, coñecemos os olores agradables ou desagradables dos obxectos.

O órgano do olfato está dentro do nariz.

Co gusto captamos propiedades de cousas que chupamos, comemos e bebemos. Así coñecemos o seu sabor, a súa temperatura, se é líquido, se ten grumos,...

O órgano do gusto está na língua.

Co tacto coñecemos cousas que entran en contacto connosco. Así, podemos coñecer o seu tamaño, a súa rugosidade, a súa temperatura, a súa suavidade, ...

O órgano do tacto é toda a pel.

 
Coñecemos os sólidos.
 
Que son os sólidos?

Poderíamos facer unha lista enorme de sólidos, por exemplo: lapis, camións, pedras, naves espaciais, fíos, bocadillos, cristais, libros, caramelos, catapultas, ...

Aínda que os sólidos son moi distintos uns doutros, teñen unhas propiedades comúns.

 
Os sólidos teñen dúas propiedades comúns: teñen unha forma propia e conservan o seu tamaño.
Cada sólido, ademáis, ten unhas propiedades especiais, como, por exemplo, unha dureza, unha elasticidade e unha resistencia características. Estas propiedades especiais son as que nos permiten diferenciar uns sólidos doutros.
Observo as propiedades especiais dos sólidos:
O seu comportamento ante a luz
A súa dureza
A súa rixidez
A súa resistencia

Un sólido :

É opaco se produce sombras e a luz non pasa a través del.

É transparente se deixa pasar a luz e ves con nitidez o que hay detrás del.

É translúcido se só deixa pasar algún raios de luz e non ves non nitidez o que hai detrás del.

Un sólido é máis duro canto mais difícilmente se raia.

É máis brando canto máis fácilmente se raia.

Aperta ou estira un sólido para intentar deformalo.

Se non se deforma, é ríxido.

Se se deforma, é flexible. Un sólido flexible pode ser:

  • Elástico, se recupera a súa forma inicial cando deixas de apertalo ou de estiralo.
  • Plástico, se a deformación permanece.

Intenta romper un sólido.

Se se rompe con facilidade, é fráxil.

Se non se rompe con facilidade, é resistente.

 
 
Coñecemos os líquidos e os gases.
 
 
Que son os líquidos?

Poderíamos facer unha lista de líquidos, por exemplo: auga, aceite, vinagre, lixivia, alcohol, mel, ...

Todos os líquidos teñen dúas propiedades:

  • Adáptanse á forma do recipiente que os contén; pero non se expanden; é dicir, non tenden a enchelo.
  • Poden fluír a través de orificios ou tubos.

Outras propiedades dos líquidos:

Os líquidos poden ser fluídos ou viscosos. Se cando vertemos un líquido que se move con facilidade, como o aceite, diremos que é fluído, se se move con dificultade, como o mel, diremos que é viscoso.

 
 
Que son os gases?

Xa coñecemos os nomes de gases que constitúen o aire atmosférico: osíxeno, nitróxeno, dióxido de carbono, ...

A estes poderíamos engadir outros dous que tal vez oirías falar: metano, butano, ...

 

Todos os gases teñen dúas propiedades:

  • Expándense, é dicir, tenden a encher o recipiente que os contén ou se escapan del se ten unha abertura.
  • Son invisibles.

Outras propiedades dos gases:

Os gases difúndense facilmente, é dicir, espállanse con facilidade entre outros gases.

Os gases pódense comprimir, isto é, pódense encerrar nun recipiente de pouco tamaño para que ocupen menos espazo.

 
 
Como aproveitamos as súas propiedades?

 

  • Os líquidos e os gases adáptanse as formas dos recipientes non que convén gardalos: vasillas, botellas, cisternas, ...
  • Os gases pódense almacenar comprimidos, e así ocupan menos espazo. Débense gardar en recipientes pechados: neumáticos, bombonas, depósitos, ...
  • A súa fluidez permite conducilos por tubos, para levalos duns lugares a outros. As cidades e as casas están cheas de canalizacións, polas que circulan a auga e o gas.
  • Algúns líquidos e os gases son combustibles, é dicir, son substancias que, cando se queiman, nos proporcionan enerxía en forma de calor e luz.

Algúns combustibles líquidos como a gasolina o gasóleo ou o queroseno, son utilizados para facer funcionar os motores dos avións, dos coches, ...

Diversos combustibles gasosos, como o gas natural e o butano, empréganse en fornos de industrias, e nos quentadores e nos queimadores das cociñas.

 
 
Aprendemos máis sobre a enerxía.
 
Estamos rodeados de enerxía.

A Terra móvese arredor do Sol, e a Lúa, arredor da Terra.

Hai mareas e ondas. Nas tormentas eléctricas prodúcense lóstregos e tronos. Unha árbore incéndiase. Os animais móvense, ...

Todos estes fenómenos son exemplos das diversas formas en que se manifesta a enerxía.

A enerxía aparece ao noso redor de distintas formas:

  • Enerxía calorífica: Transmítese duns corpos a outros incluso a través do espazo; por exemplo, un radiador quenta o aire, quéntanos a nós; unha chama quenta unha tarteira e o que contén.
  • Enerxía eléctrica ou electricidade: Prodúcese de forma natural nos raios das tormentas. Tamén é fabricada polo ser humano nas centrais eléctricas. Condúcese ben a través de cables metálicos.
  • Enerxía debida ao magnetismo: É a enerxía presente nalgunhas substancias chamadas imáns, que son capaces de atraer obxectos metálicos situados no seu contorno.
  • Enerxía luminosa ou luz: Procede de corpos luminosos naturais, como o Sol, as estrelas ou un lume. Tamén é producida por unha candea, unha lámpada, etc. Ilumina os corpos sobre os que se proxecta.
   
 
Debemos aforrar enerxía.

Os seres humanos consumimos enormes cantidades de enerxía nas nosas casas, nas fábricas, nos colexios, ao transportar persoas e cousas duns sitios a outros, ...

Consumímola cando facemos funcionar aparellos con combustibles ou coa electricidade.

Pero a cantidade de combustibles que hai na Terra é limitada. E tamén é limitada a cantidade de electricidade que podemos fabricar nas centrais eléctricas.

 
 
Debemos reducir o gasto de enerxía

Para que podas aforrar enerxía debes:

  • Sempre que sexa posible, usa a luz natural.
  • Apaga as luces ao saír dos cuartos.
  • Apaga os aparellos cando nos os uses.
  • Pecha os cuartos que non utilices para axudar a manter a calor da calefacción nas zonas habitadas.
  • Non deixes aberta a porta do frigorífico e asegúrate de que a pechas herméticamente.
  • Dúchate en lugar de bañarte e gastarás menos auga quente.
 
 
Para ser bo cidadán debes recordar a "regra dos tres r"

Chamamos "regra dos tres r" ás tres cousas que debemos facer para aforrar enerxía e materiais:

  • Reducir, que é intentar diminuír o gasto de materiais e de enerxía. Por exemplo, escribir polas dúas caras dos papeis.
  • Reciclar, que é fabricar produtos a partir doutros que xa non serven. Por exemplo, fabricar botellas de vidro a partir de vidros rotos.
  • Reutilizar, que é dar un uso ao que aínda non está de todo gastado. Por exemplo, dar a roupa que che quedou pequena a un neno menor ca ti.
 
RECURSOS INTERACTIVOS

La Materia

A materia

Propiedades De La Materia

 

Alguns tipos de materiais

Clasificación dos materiais I.

Clasificación dos materiais II.

Estados Da Materia

A materia e a súa medida:

Características da materia:

Os cambios físicos: cambios de estado.

.
.

Que é a enerxía

A enerxía: fontes, usos, aforro enerxético…

Aforro enerxía.

A enerxía e as súas formas.

Enerxías alternativas

Energy, let's save it!

 

Residuos, contaminación e impacto ambiental

Taller de reciclado de papel.

Aforro de enerxía e contaminación.

EXPERIMENTOS

 

VÍDEOS EDUCATIVOS
 
 

VÍDEO SOBRE LOS ESTADOS DE LA MATERIA

 

 

VÍDEO SOBRE LA ENERGÍA

 

 

VÍDEO SOBRE LOS TIPOS DE ENERGÍA

 

 

LA ENERGIA Y SUS CLASESy efectos

 

 
 

 

Recorda:

 

A MATERIA


- DEFINICIÓN: Materia é todo aquilo que ten masa e ocupa un lugar no espacio.

- PROPIEDADES DA MATERIA:


o RESISTENCIA: Indica a capacidade da materia a superar grandes esforzos. ( O aceiro).
o DUREZA: Oposición dos materiais a ser raiados.(diamante duro, xeso brando).
o FRAXILIDADE: Os materiais rompen con facilidade ó deformarse.(cristal, cerámica).
o FLEXIBILIDADE: Indica a capacidade do material a dobrarse sen romper. (plásticos).
o ELASTICIDADE: Capacidade dun material a recuperar a forma despois de deformarse. (goma).
o TRANSPARENCIA: Capacidade dalgúns materiais que permiten o paso da luz e pódese ver a través deles.


OS ESTADOS DA MATERIA
- A materia pódese atopar en tres estados: sólido, líquido e gasoso.


- PROPIEDADES DOS SÓLIDOS.
o Teñen forma propia.
o Teñen volume fixo.
o É difícil comprimilos.
o Dilátanse co aumento da temperatura.


- PROPIEDADES DOS LÍQUIDOS.

o Teñen forma variable. Adoptan a forma do recipiente que o contén.
o Teñen volume fixo.
o É difícil comprimilos.
o Dilátanse ao aumentar a temperatura.


- PROPIEDADES DOS GASES.

o Non teñen forma propia.
o Non teñen volume fixo.
o Tende a encher o recipiente que o contén.
o Son fáciles de comprimir.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
En Castellano
Web interactivas
Las formas de energía y su ahorro
La "regla de las tres r"
Los órganos de los sentidos
 
 
.