ALFA

 

21
PRIMARIA
WEBMASTER: ALBERTO FANEGO CURSO 2008-09

"Concerto Música en Marineda"

Comenza un novo curso de Concertos Didácticos da Orquesta Sinfónica de Galicia, destinados a alumnado dende a Educación Infantil ata Bacharelato.

Esta programación responde a uns obxectivos a atenden a criterios psicopedagóxicos e didácticos que pretenden que o público que asista aos concertos didácticos da OSG sinta a música, se interese, se emocione, experimente, aprenda e adquira coñecementos e actitudes que lle permitan enriquecerse como persoa.

O primeiro concerto deste curso será MÚSICA EN MARINEDA, tal e como denominaba doña Emilia Pardo Bazán á Coruña, cunha selección musical integramente galega, que fai referencia a cidade con motivo da celebración do seu 800 aniversario. Terá lugar no Palacio da Ópera entre os días 11 e 14 de novembro con sesións matinais para escolares.

Nós asistiremos o venres 19 de novembro.

Aquí tedes un documento pdf que podedes descargar e traballar na casa sobre os instrumentos da orquesta.

 

1

 

 Contacto: Avenida Miguel Hernández nº 24 - O Carballo (Oleiros) - A Coruña (España) Tlf: 981 610 050 albertof@hcrey.org