CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ALFA

CURSO 2011/2012

O poeta e escritor Valentín Paz Andrade naceu na parroquia de Lérez, en Pontevedra, o 23 de abril de 1898.

Fixo os estudos de bacharelato na cidade de Pontevedra e, xa de mozo, estudou para avogado na Universidade de Santiago de Compostela.


Dende moi novo adicouse a escribir en xornais e revistas e chegou a dirixir, durante cinco anos, o xornal «Galicia», aínda que seguiu colaborando noutros xornais e revistas
galegas e madrileñas.


Traballou como avogado de moitas empresas pesqueiras e escribiu moitos libros sobre os problemas da pesca en Galicia e no mundo.undou, xunto con outras persoas, a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia. Este ano é o autor elexido pola Real Academia para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas

Escribiu tamén poesía. O seu primeiro libro está adicado ao seu amigo Alfonso Rodríguez Castelao, e leva por título «Pranto Matricial». Máis tarde escribiu «Sementeira do vento» e «Cen chaves de sombra». Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Galega das Ciencias e galardoado co Pedrón de Ouro, a medalla Castelao e numerosos premios máis, polo seu traballo a prol de Galicia.

 

 

DESCARGA TU HORARIO

CALENDARIO