BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 1º BACH. CC
1ª AVALIACIÓN
CONTIDOS
BLOQUE II: O SISTEMA TERRA E A INVESTIGACIÓN NO NOSO PLANETA
- Unidade 1. A investigación científica da terra.
A ciencia e o método científico. As ciencias da Terra. O traballo científico en Biología e Xeoloxía.
- Unidade 2. O planeta Terra.
A Terra: un lugar no Universo. A evolución do planeta. O sistema Terra. A atmósfera: a esfera do aire. A hidrosfera: a esfera de auga. A exosfera: a esfera da terra.
BLOQUE II: AS BASES MOLECULARES E CELULARES DA VIDA
- Unidade 6. A base química da vida. A materia dos seres vivos e a célula
As características dos seres vivos. A composición química dos seres vivos. A célula: unidade anatómica e fisiolóxica dos seres vivos. Forma de organización dos seres vivos.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Desenvolve valores e actitudes propias do pensamento científico: busca de información, curiosidade, capacidade crítica, traballo sistemático e rigoroso, cuestinamento daquilo que parece obvio, apertura ante novas ideas e necesidade de verificación dos feitos, etc.
- Comprende-los conceptos básicos, leis, teorías e modelos máis importantes da Bioloxía e da Xeoloxía, que lles permitan ter unha visión global e unha formación científica básica que sustente os seus contidos posteriores.
- Analizar criticamente diferentes hipóteses, teorías e modelos que posibiliten desenvolve-lo pensamento crítico e valora-las súas contribucións ó desenvolvemento da Bioloxía e da Xeoloxía.
- Explicar, comprender e utilizar termos, conceptos e expresión científicas relacionados cos coñecementos biolóxicos e xeolóxicos adquiridos e aplicalos á experiencia diaria.
- Utilizar con certa autonomía destrezas investigadoras, tanto documentais coma experimentais: reunir informacións coherentes, presentar problemas, formular hipóteses, etc.
- Recoñece-la influencia na sociedade dos avances científicos e tecnolóxicos da Bioloxía e da Xeoloxía e mostrar interese polos problemas que esta influencia pode xerar.
- Interpretar globalmente os fenómenos da xeodinámica á luz da tectónica de placas.
- Interpreta-lo funcionamento dos seres vivos como diferentes estratexias adaptativas ó medio natural.
AVALIACIÓN
Nota de evaluación
Ao longo de todo o curso levaranse a cabo tres avaliacións cos seus correspondentes temas. Os contidos impartidos na materia de Bioloxía e Xeoloxía serán valorados do seguinte xeito:
- 80 % que derivaran das probas escritas dos contidos.
Realizaranse ao menos dous controis escritos por avaliación agás do examen de avaliación.
A porcentaxe da nota será proporcional a cantidade de obxectivos avaliados na proba.
- 20 % restante dependerá do comportamento na aula e no laboratorio, regularidade no estudo, presentación de traballos e interés e esforzo nas actividades que se fagan durante a avaliación.
A non entrega puntual dos traballos influirá negativamente, mentres que a puntualidade e a corrección farano positivamente.
Recuperacións
Farase tras cada avaliación unha proba de contidos co fin de que aqueles alumnos/as que non acadaron os obxectivos podan superalos.
PROBAS EXTRAORDINARIAS
Farasen probas extraordinarias en xunio e setembro.
- Na proba de xunio os alumnos serán avaliados só de aqueles obxetivos non acadados durante o curso.
- En setembro serán avaliados de todos os obxectivos do curso.