BIOLOXIA E XEOLOXÍA 1º BACHILLERATO
3ª AVALIACIÓNCONTIDOS
Unidade 8. As funcións vitais I: A nutrición
As funcións de nutrición. A utilización da materia e a enerxía. Mmetabolismo. A obtención de enerxía por consumo de materia orgánica. A obtención de materia orgánica.Unidade 9. As funcions vitais II: A relación e a reproducción
As funcions de relación. As funcións de reproducción. A mitosis. A reproducción asexual: a meiose. Os ciclos biológicos e a meiose.Unidade 10: Clasificación dos organismos. Biodiversidade : moneras, protoctistas fungos
A clasificación dos seres vivos. Reino móneras. Reino protoctistas. Reino fungos.Unidade 13. A biodiversidade no reino animais e a súa clasificación
Características do reino animais. Filoporíferos ou esporanxios (pacazoos). Eumetazoos con simetría radial: celentéreos ou cnidarios. Eumetazoos con simetría bilateral: acelomados e pseudocelomados. Eumetazoos con simetría bilateral: celomadosUnidade 14. As funcións de nutrición nos animais
A nutrición como intercambio de substancias. A dixestión e o aparato dixestivo. O intercambio de gases. Circulación e transporte. A excreción e os órganos excretores.Unidade 15. As funcións de relación nos animais
A coordinación nerviosa. O sistema nervioso dos invertebrados. O sistema nervioso dos vertebrados. A regulación e coordinación hormonal nos animais.Unidade 16. As funcións de reproducción nos animais
Mitosis e meiosis. A reproducción sexual e asexual nos animais. A fecundación. O desenvolvemento embrionario. Tipos de reproducción e desenvolvemento.Unidade 17. A biodiversidade e a súa conservación
Formacións vexetais do contorno. A fauna do contorno. A conservación da biodiversidade.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
- Desenvolve valores e actitudes propias do pensamento científico: busca de información, curiosidade, capacidade crítica, traballo sistemático e rigoroso, cuestinamento daquilo que parece obvio, apertura ante novas ideas e necesidade de verificación dos feitos, etc.
- Comprende-los conceptos básicos, leis, teorías e modelos máis importantes da Bioloxía e da Xeoloxía, que lles permitan ter unha visión global e unha formación científica básica que sustente os seus contidos posteriores.
- Analizar criticamente diferentes hipóteses, teorías e modelos que posibiliten desenvolve-lo pensamento crítico e valora-las súas contribucións ó desenvolvemento da Bioloxía e da Xeoloxía.
- Explicar, comprender e utilizar termos, conceptos e expresión científicas relacionados cos coñecementos biolóxicos e xeolóxicos adquiridos e aplicalos á experiencia diaria.
- Utilizar con certa autonomía destrezas investigadoras, tanto documentais coma experimentais: reunir informacións coherentes, presentar problemas, formular hipóteses, etc.
- Recoñece-la influencia na sociedade dos avances científicos e tecnolóxicos da Bioloxía e da Xeoloxía e mostrar interese polos problemas que esta influencia pode xerar.
- Interpretar globalmente os fenómenos da xeodinámica á luz da tectónica de placas.
- Interpreta-lo funcionamento dos seres vivos como diferentes estratexias adaptativas ó medio natural.
AVALIACIÓN
Nota de evaluación: Ao longo de todo o curso levaranse a cabo tres avaliacións cos seus correspondentes temas. Os contidos impartidos na materia de Bioloxía e Xeoloxía serán valorados do seguinte xeito:
- 80 % que derivaran das probas escritas dos contidos.
Realizaranse ao menos dous controis escritos por avaliación agás do examen de avaliación. A porcentaxe da nota será proporcional a cantidade de obxectivos avaliados na proba.
- 20 % restante dependerá do comportamento na aula e no laboratorio, regularidade no estudo, presentación de traballos e interés e esforzo nas actividades que se fagan durante a avaliación.
A non entrega puntual dos traballos influirá negativamente, mentres que a puntualidade e a corrección farano positivamente.
Recuperacións:
Farase tras cada avaliación unha proba de contidos co fin de que aqueles alumnos/as que non acadaron os obxectivos podan superalos.
PROBAS EXTRAORDINARIAS
Farasen probas extraordinarias en xunio e setembro.En setembro serán avaliados de todos os obxectivos do curso
- Na proba de xunio os alumnos serán avaliados só de aqueles obxetivos non acadados durante o curso.