BIOLOXÍA E XEOLOXÍA - 4º ESO
2ª AVALIACIÓN
Unidade 2. A herdanza e a transmisión dos caracteres.
A especie. Os caracteres hereditarios e adquiridos. A reprodución sexual. Os cromosomas e o cariotipo. O ciclo celular e a mitose. A meiose. Variabilidade xenética. Clons e clonación.
Unidade 3. As leis da herdanza
As investigacións de Mendel. Os xenes alelos. Homocigoto e heterocigoto. Xenotipo e fenotipo. A primeira lei de Mendel. A segunda lei de Mendel. A terceira lei de Mendel. A herdanza intermedia. A herdanza na especie humana. A herdanza dos grupos sanguíneos. A herdanza do sexo e ligada ao sexo
Unidade 4. Xenes e manipulación xenética
O ADN portador da información xenética. A dobre hélice de ADN. As funcións do ADN. As proteínas. O código xenético. A replicación do ADN. As mutacións. A enxeñaría xenética. Os organismos transxénicos. Os proxectos xenoma. Aplicacións e riscos da enxeñaría xenética
Unidade 5. A evolución dos seres vivos
O fixismo e o creacionismo. O lamarckismo. A teoría darwinista da evolución. As probas a favor da evolución. O neodarwinismo. O saltacionismo e o gradualismo. Selección natural e adaptación. A especiación. A biodiversidade.
Unidade 6. Os organismos e o medio
Concepto de ecosistema. Os factores ambientais; factores limitantes e tolerancia. Os factores ambientais no medio terrestre: a temperatura e a auga. Os factores abióticos no solo. Os factores bióticos: as relacións inter e intraespecíficas. Concepto de nicho ecolóxico. As ameazas ás especies.
Unidade 7. Os intercambios de materia e enerxía
Relacións alimentarias: produtores, consumidores e descompoñedores. Cadeas e redes tróficas. Transferencia de materia e enerxía nos ecosistemas. Parámetros tróficos: biomasa e produción. Pirámides ecolóxicas. Ciclos bioxeoquímicos: o ciclo do carbono e o ciclo do nitróxeno.
Unidade 8. Cambios nos ecosistemas.
Os cambios numéricos nas poboacións. As estratexias reprodutivas. Formas de crecemento poboacional. Interaccións entre as poboacións. As pragas. Os cambios tras un incendio. A sucesión ecolóxica. O ecosistema, un sistema ecolóxico. O solo como ecosistema. Os solos evolucionan
.
CRITERIOS DA AVALIACIÓN
Nota de avaliación
Ao longo de todo o curso levaranse a cabo tres avaliacións cos seus correspondentes temas. Os contidos impartidos na materia de Bioloxía e Xeoloxía serán valorados do seguinte xeito:
Realizaranse ao menos dous controis escritos por avaliación agás do examen de avaliación. A porcentaxe da nota será proporcional a cantidade de obxectivos avaliados na proba.
A non entrega puntual dos traballos influirá negativamente, mentres que a puntualidade e a corrección farano positivamente.
Al ser avaliación continua, para que un alumno/a aprobe unha avaliación debe acadar os obxectivos fixados nas avaliacións anteriores.
Probas de contido
Farase tras cada avaliación unha proba de contidos co fin de que aqueles alumnos/as que non acadaron os obxectivos podan superalos.
Nota final
Farasen probas extraordinarias en xunio e setembro.
Na proba de xunio os alumnos serán avaliados só de aqueles obxetivos non acadados durante o curso. A nota do alumno será a media ponderada das calificaciones obtidas durante o curso.
En setembro serán avaliados de todos os obxectivos do curso.